Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

07/07/22 | 14:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 365.000€ a mellora da depuradora de Comboa, no concello de Soutomaior

Mellorarase o estado das instalacións e incrementarase o control sobre a explotación da depuradora, ademais da activación de sistemas de desodorización, promovendo un avance na calidade ambiental da zona

06/07/22 | 15:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executará este verán os traballos de conservación fluvial no treito do río Tambre en Ponte Boado, cun investimento de 14.000 €

A intervención enmárcase nos traballos previstos este ano no río Tambre, nos que Augas de Galicia leva xa investidos 35.000 €, quedando pendentes intervencións valoradas en máis de 44.000 €

06/07/22 | 13:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A falta de confirmación do Concello de Vigo sobre o remate dos accesos e a autorización do ministerio impiden que a Xunta abra a estación de autobuses intermodal o 1 de agosto

A Xunta vese na obriga de retrasar a apertura da estación de autobuses ao ter rematado o prazo do 4 de xullo dado ao Concello para que achegase a documentación necesaria para activar o traslado dos servizos da estación da avenida de Madrid

06/07/22 | 13:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta mobilizará en dous anos máis de 5M€ en obras de mellora da seguridade e de conservación das estradas autonómicas na área de Noia

Francisco Menéndez avanza que en outono comezará o reforzo do firme da estrada AC-550 entre Noia e Ribeira, cun investimento de 2,7 M€

06/07/22 | 11:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Fernández-Tapias anuncia a licitación das obras de mellora na estrada autonómica PO-315 en Cangas por máis de 257.000 €

A delegada territorial da Xunta en Vigo informou que os traballos se desenvolverán entre os puntos quilométricos 10+100 e 10+380 e na entorna do quilómetro 13+500

05/07/22 | 17:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por máis de 100.000 € as obras de implantación de sistemas de control e monitoraxe enerxética na depuradora de augas residuais de Alfoz

Instalaranse novos caudalímetros e variadores de frecuencia e dotarase á planta de tratamento de augas residuais dun sistema de seguimento dos consumos enerxéticos e de medida en continuo da calidade do efluente

05/07/22 | 15:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que a finais de ano se iniciarán as obras de mellora do abastecemento de Arbo, un investimento de 2,2 M€ para garantir o subministro de auga en cantidade e calidade aos veciños

Vázquez Mourelle sinala que as obras, froito da colaboración entre a Xunta e o Concello, mellorarán a rede e asegurarán o abastecemento no verán, reducindo as perdas de auga e optimizando os depósitos de abastecemento

05/07/22 | 14:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por preto de 145.000 € a execución dunha parada de autobús intermodal na Estación de Ferrocarril do Carballiño

Instalarase unha parada exclusiva para as liñas interurbanas de autobús de uso regular na parcela situada na explanada frontal da estación de ferrocarril, localizada na avenida O Vinte e Cinco de Xullo

05/07/22 | 14:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por preto de 145.000 € a execución dunha parada de autobús intermodal na estación de ferrocarril do Carballiño

Instalarase unha parada exclusiva para as liñas interurbanas de autobús de uso regular na parcela situada na explanada frontal da estación de ferrocarril, localizada na avenida O Vinte e Cinco de Xullo

05/07/22 | 13:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O conxunto dos veciños de Poio beneficiaranse das obras do novo emisiario da EDAR dos Praceres tras un forte investimento da Xunta de 12 millóns de euros

O Executivo galego lamenta as molestias que poida causar a inhabilitación de parte do peirao de Combarro, pero lembra que se trata duns traballos de interese xeral que beneficiarán a 140.000 persoas en toda a ría e aos profesionais do mar e que se abordan seguindo rigorosos criterios técnicos