Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1270 novas da área temática Educación:

30/09/21 | 13:04 | Secretaría Xeral de Emigración

A Secretaría Xeral da Emigración e a USC dan a benvida aos novos alumnos das bolsas Beme que estudiarán un mestrado no Campus de Lugo

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e a vicerreitora do campus de Lugo, Monserrat Valcárcel, saudaron aos 20 galegos do exterior que obtiveron a bolsa de Excelencia Mocidade Exterior nas facultades lucenses nun acto de benvida que tivo lugar na facultade de Humanidades

30/09/21 | 11:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia ao piloto lucense Alonso Liste, que representará a España no campionato internacional Fia Hill Climb Masters

Presentou o coche no CIFP As Mercedes, onde realizaron a súa posta a punto grazas ao equipamento punteiro do que dispoñen no ciclo superior de Automoción

29/09/21 | 13:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O IES A Pinguela estrea un aula, vestiarios e outras instalacións tras as obras de ampliación e reforma

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que a Xunta investiu preto de 230.000 euros para modernizar e adaptar o centro ás novas necesidades

27/09/21 | 10:43 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta galardoa a 20 estudantes cos Premios Extraordinarios de Bacharelato

O obxectivo deste recoñecemento que cada ano outorga a Consellería de Cultura, Educación e Universidade é poñer en valor os méritos académicos acadados, froito do esforzo e o traballo realizado ao longo da etapa

26/09/21 | 12:25 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta colabora co Colexio de Logopedas de Galicia na mellora da atención educativa ao alumnado que o precise

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e a presidenta da entidade, Ana Isabel Vázquez, asinan un convenio para o desenvolvemento de accións específicas de apoio aos centros educativos

25/09/21 | 12:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia a detección do talento matemático a través do programa ESTALMAT-Galicia

Román Rodríguez desta esta iniciativa como “a mellor oportunidade para afondar nas vocacións STEM para os alumnos aos que vos gustan as ciencias”

24/09/21 | 18:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inviste máis de 410.000 € na renovación da cuberta do instituto de Mos

O Goberno galego está a investir máis de 12,5 M€ en obras na área de Vigo, a través dun total de 82 actuacións

23/09/21 | 14:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta lamenta que a Lei do Sistema Universitario sexa unha oportunidade perdida para a súa reforma e adaptación ao futuro

O anteproxecto do Ministerio non conta coa opinión das comunidades autónomas, que son o principal piar do financiamento destas institucións

23/09/21 | 13:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta anuncia a licitación das obras de mellora no CPI Padrenda Crespos por case 692.000 euros

O delegado territorial explicou que as obras centrarase na mellora da eficiencia enerxética e funcional do centro, e que estas forman parte das comprometidas na provincia que se están licitando antes de fin de ano, como é o caso do CPI Padrenda Crespos, ás Xunta destina 7,9M de euros

23/09/21 | 13:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta destina 264.000 euros a mellorar a eficiencia enerxética e as instalacións do CEIP Rosalía de Castro de Bóveda

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, sinalou que as empresas interesadas teñen de prazo ata o 4 de outubro para participar no proceso de licitación