Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 773 novas da área temática Xacobeo:

27/05/21 | 20:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a importancia do Rally Terra da Auga para promocionar o Camiño de Santiago este Xacobeo e Galicia como destino seguro

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na presentación oficial da proba que se celebrará a próxima semana e incidiu en que Galicia tamén é un destino preferente para o turismo deportivo ao acoller probas de primeiro nivel

27/05/21 | 15:40 | A Presidencia da Xunta

Feijóo aborda co presidente de Portugal a oportunidade que supón o Xacobeo 21-22 para reactivar o turismo e a economía de ambos os territorios

Agradece a decisión de Marcelo Rebelo de Sousa de facer unha etapa do Camiño como peregrino no mes de agosto: “Estamos máis que satisfeitos ante o compromiso do presidente da República e poder contar así cun peregrino especial”, di

26/05/21 | 14:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Once empresas optan á obra de mellora do albergue de peregrinos de Pontevedra

O proxecto está destinado a acondicionar, renovar e modernizar as instalacións deste albergue para presentar unha oferta de calidade e de sustentatibilidade e ter todo preparado para recibir aos peregrinos

26/05/21 | 13:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Activada a Credencial Dixital do Peregrino que permitirá aos peregrinos selar a compostela mediante códigos QR

A medida encádrase no marco da dixitalización que está a desenvolver a Oficina do Peregrino

25/05/21 | 14:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral para o Deporte

Feijóo destaca o patrocinio do Xacobeo aos deportistas galegos, que levarán a marca Galicia e os valores do Ano Santo por todo o mundo

Precisa que o acordo abrangue equipos de alta competición e a promoción de eventos e campionatos de ámbito internacional neste 2021 e no 2022

24/05/21 | 14:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O albergue de Vigo levará o nome de Juan Manuel López-Chaves, un dos artífices do recoñecemento internacional do Camiño de Santiago

O vicepresidente primeiro valorou o traballo do fundador e presidente de honor da Asociación dos Amigos dos Pazos para impulsar e difundir o Camiño Portugués e, especialmente, o Camiño Portugués da Costa, que pasa por Vigo

23/05/21 | 13:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Alfonso Rueda lembra que Galicia está preparada para acoller aos peregrinos neste Xacobeo 21-22 nun destino e nuns Camiños seguros

O vicepresidente primeiro da Xunta percorreu hoxe co triatleta Javier Gómez Noya e unha vintena de afeccionados, onde estaba tamén Oscar Pereiro, o tramo do Camiño de Santiago entre Arzúa e a catedral compostelá

22/05/21 | 19:04

A Xunta enxalza o papel decisivo das mulleres emprendedoras para revitalizar o rural nunha nova sesión de 'Xacobeo Peregrinas' en Xunqueira de Ambía

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participaron na 3ª sesión multidisciplinar do ciclo ‘Xacobeo Peregrinas’ na Colexiata de Xunqueira de Ambía (Ourense)

21/05/21 | 17:09 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Gaiás convocará un concurso artístico para elixir unha obra icónica sobre o Camiño e situala no lugar da 'Bóla de libros'

A ‘Bóla de libros’, como se coñece de xeito coloquial á obra de Alicia Martín que leva por nome ‘Singularidade’, será refeita para recuperar o seu estado orixinal xa que se atopaba deteriorada polas inclemencias meteorolóxicas

21/05/21 | 16:58

Galicia presenta en Fitur a Travesía Náutica Xacobea Sail The Way, que promocionará o Camiño por mar no mes de xuño

A presidenta de Portos e a directora de Turismo de Galicia convidaron a navegantes nacionais e internacionais a sumarse á ruta que recalará na metade dos peiraos deportivos autonómicos