Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta pon en valor o potencial do xeodestino Arousa Norte ao que este ano o Goberno galego destina 48.000€ para o seu desenvolvemento turístico
O delegado territorial da Xunta na Coruña informou do convenio de colaboración asinado coa entidade e destacou a súa capacidade de innovar para reforzar os seus atractivos turísticos
Preto de 250 profesionais participan nun webinar sobre as axudas da Xunta para a reactivación do sector turístico
A directora e o xerente de Turismo de Galicia resolveron as dúbidas do sector sobre as axudas que o Goberno galego ten abertas para a dixitalización e a subvención de equipamentos poscovid, dotadas cun total de 12M€.
A Xunta apoiou a 16 axencias de viaxes da área de Santiago con máis de 48.000 euros
A Xunta pechou o prazo para unha nova liña de axudas que foi aprobada no marco dun novo paquete de novas medidas de apoio ao sector turístico galego cun investimento total de 15,8 M de euros das que se beneficiarán axencias de viaxes, establecementos hostaleiros e os concellos de menos de 10.000 habitantes
A Xunta apoia 8 actuacións de mellora das infraestruturas turísticas dos concellos da comarca de Bergantiños-Costa da Morte cun investimento de máis de 162.000 euros
O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou a fervenza do Ézaro onde se reparou a súa pasarela grazas a estas axudas
Miranda percorre un tramo da Vía da Prata cos galegos do exterior que están a realizar o programa “Reencontros co Xacobeo”
O secretario xeral da Emigración estivo acompañado nesta visita polo alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares
A Xunta destina 6 M€ a accións de dixitalización e márketing dixital na hostalería para afondar na reactivación do sector turístico
O delegado territorial, Luis López, informa desta nova orde nunha visita ao Hotel Rías Bajas de Pontevedra, que recibíu unha achega de case 30.000€ ao abeiro da anterior convocatoria para a modernización das súas instalacións
O Bono Turístico inxecta preto de 300.000 euros na ponte do Pilar e confirma a reactivación do sector
Entre o venres 8 e o martes 12 de outubro fixéronse case 1.500 operacións, un 14% do total desta iniciativa impulsada pola Xunta para estimular o sector
“Elixe Galicia” recibe o recoñecemento nacional como mellor produto de turismo activo de 2021
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, recolleu o premio outorgado por FITUR e a revista especializada “Aire Libre” e destacou o recoñecemento tamén en datos de afluencia turística ao traballo feito polo Goberno galego para reforzar a mensaxe de Galicia como destino seguro e de calidade
A Xunta acondiciona dúas estacións rupestres de petróglifos en Campo Lameiro coas axudas da orde de infraestruturas turísticas para concellos rurais
O delegado territorial, Luis López, supervisa esta mellora acompañado do alcalde, Carlos Costa, e informa da nova convocatoria, dotada con 3,5 M€ e que ten aberto o prazo de solicitude ata o 18 de outubro
Fernández-Tapias destaca que programas como o Outono Gastronómico e as Rutas dos Viños favorecen a desestacionalización da oferta turística
A delegada territorial da Xunta en Vigo anima aos veciños da comarca viguesa a utilizar o bono turístico para así fomentar o consumo interno este mes de outubro