Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

11/07/22 | 13:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a aprobación das expropiacións para completar a mellora da PO-234 entre Cerdedo–Cotobade e Ponte Caldelas, cun investimento de máis de 1 M€

Actuarase na vía entre Laxoso e o cruce do Portasouto, incluíndo a mellora dos itinerarios peonís, da calzada e dos seus elementos para reforzar a seguridade viaria

11/07/22 | 13:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita as obras do centro integral de saúde Olimpia Valencia de Vigo, que suporán un investimento de máis de 14,8 M€

As empresas interesadas en acometer a actuación, cun prazo de execución de 18 meses, terán ata o 17 de agosto para presentar as súas ofertas

11/07/22 | 13:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aproba o proxecto de construción dunha senda peonil na estrada AC-524, no concello de Frades

Actuarase na marxe esquerda da vía autonómica, dando continuidade á senda xa existente na travesía de Abellá, reforzando a seguridade e favorecendo a mobilidade
 

11/07/22 | 13:22 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e o concello de Betanzos colaborarán coa renovación da cuberta do patio do CEIP Francisco Vales Villamarín

A actuación contempla a reparación de toda a cuberta, a eliminación do amianto e a reposición de todas as baixantes e canlóns

08/07/22 | 15:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por case 446.000€ as obras de conservación da Ponte Ceilán, na estrada AC-550 ao paso polos concellos de Noia e de Outes

Con estes traballos, cun prazo de execución de 6 meses, reforzarase a seguridade dos peóns mediante a substitución da varanda actual por unha nova

08/07/22 | 14:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
08/07/22 | 12:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta concederá axudas de ata 10.000 € aos concellos para identificar e erradicar as fugas de auga nas redes de abastecemento

O Goberno galego busca apoiar aos municipios no diagnóstico das perdas de auga e atallar unha das problemáticas que agravaría un eventual episodio de seca

08/07/22 | 12:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reforza as frecuencias de autobús durante as festas de Vilaboa, no concello de Culleredo, para facilitar o regreso de madrugada cara á Coruña

Haberá un servizo á 01:00 da madrugada os días 10, 11, 12 e 13 de xullo, e un adicional á 01:45 o día 13, de Vilaboa a Entrexardíns, pasando por Alfonso Molina

07/07/22 | 15:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

A Xunta lanzará as primeiras axudas aos concellos para realizar auditorías das redes de abastecemento e minimizar as fugas de auga

Explica que o obxectivo destas achegas é reducir á metade os niveis de fuga para que non superen o 20%

07/07/22 | 14:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 260.000€ as obras que permitirán completar a rede de saneamento do concello de Irixoa

Desenvolveranse 5 ramais en tubaxe para conducir as augas residuais á depuradora do municipio