Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta destaca ante os empresarios galegos en Madrid a aposta pola Industria 4.0 para impulsar a competitividade do tecido empresarial
O director do Igape, Juan Cividanes, participou nun encontro organizado pola Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (Aegama)
A Xunta mobilizará investimentos por 10 M€ en proxectos de medio cento de empresas para seguir avanzando na Industria 4.0
O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a convocatoria da cuarta edición das axudas para proxectos da Industria 4.0, coa que se apoiarán ata seis novas iniciativas colectivas para implantar a fábrica intelixente en sectores estratéxicos da economía galega
Galicia solicita a implicación do Ministerio de Pesca para defender ao sector ante o posible "efecto dominó" que xeraría a reforma do regulamento de Costas
A Xunta alerta do conseguinte prexuízo que causaría no sector produtor tanto a hiperrestritiva aplicación actual da normativa como a súa modificación tendo en conta o volume de moluscos que Galicia depura e transforma nas industrias directamente afectadas
A Xunta destinou nos últimos catro anos máis de 300.000 euros a mellorar os accesos e as comunicacións interiores do polígono de Becerreá
O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, comprobou hoxe o resultado das obras executadas con cargo á convocatoria de axudas do ano 2019
A Xunta informa aos empresarios da comarca do Deza dos apoios que ofrece para contribuír ao impulso da súa competitividade
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe nun networking con empresarios, autónomos e emprendedores, onde se fixo balance dos distintos programas da Administración autonómica
A Xunta mantén o seu compromiso coa mobilidade eficiente en 2020 e convoca novas axudas para a adquisición de vehículos máis sostibles
A orde que se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) estará aberta desde o luns, 3 de febreiro, para a adhesión das entidades colaboradoras e a partir do 21 de febreiro para a cidadanía e as empresas
Conde incide en que Galicia necesita un prezo eléctrico estable e competitivo para as industrias electrointensivas
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asegura no Parlamento que as propostas do Goberno central son insuficientes
A Xunta apela á industrialización do rural galego a través de empresas como TMC Cancela que apostan pola dixitalización e a formación
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, realizou hoxe unha visita a esta compañía de Tordoia, especializada en maquinaria agrícola e forestal
A Xunta abre o prazo de solicitude de axudas para impulsar as infraestruturas e servizos dos parques empresariais galegos
A Consellería de Economía, Emprego e Industria destina un total de 7,9M€ aos apoios para a mellora de infraestruturas, creación de viveiros e as novas axudas para reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica
Conde anuncia un investimento de 5 M€ para dotar o Polo Aeroespacial de Galicia dun simulador de xestión do tráfico aéreo
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinala que esta nova infraestrutura para Rozas permitirá que Galicia “siga á vangarda e siga sendo pioneira no desenvolvemento de tecnoloxías vinculadas aos vehículos non tripulados”