Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 559 novas da área temática i+D+i:

10/07/20 | 10:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia 11 contratos de persoal de alta cualificación en oito empresas e tres centros de investigación de Santiago, Vigo, a Coruña e Lugo

A través do programa Talento Sénior concédense axudas por valor dun millón de euros para seguir consolidando o sistema galego de I+D+i

09/07/20 | 13:50 | C. de Economía e Industria

A Xunta sinala que a innovación na alimentación e na saúde contribúe a mellorar a calidade de vida e a incrementar a competitividade empresarial

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, visitou hoxe a empresa Mercantia Desarrollos Alimentarios, emprazada en Silleda, que está a desenvolver unha nova gama de produtos no marco do seu plan de innovación

07/07/20 | 11:50 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa o desenvolvemento de novos fármacos por parte da biotecnolóxica ourensá Origo Biopharma

A Administración autonómica, a través de XesGalicia, Asabys Partners e outros investidores xa presentes na compañía achegan un total de 2,3 millóns de euros

02/07/20 | 11:44 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o proxecto da peme Creativigo como un exemplo do traballo da I+D+i ao servizo da saúde e das persoas

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, coñeceu o dispositivo piloto do sistema desenvolvido por esta compañía viguesa, centrado no control de accesos e da temperatura corporal

29/06/20 | 12:09 | C. de Economía e Industria

A Xunta demándalle ao Goberno que concrete as medidas para facilitar a compra de vehículos eficientes de combustión

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou na constitución da Mesa da Automoción, que nace a petición de nove comunidades autónomas ao Ministerio de Industria, Comercio e Turismo

26/06/20 | 12:06 | C. de Economía e Industria

As pemes poden presentar ata o 10 de xullo a súa candidatura á aceleradora especializada na comercialización de solucións innovadoras fronte ao coronavirus Connect-19

No programa da Xunta en colaboración co Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) poderán participar ata 20 compañías

25/06/20 | 19:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
25/06/20 | 16:10 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Galicia impulsa a creación dos cinco primeiros centros de fabricación avanzada que permitirán ás pemes modernizar a súa produción

Estarán situados na Cidade das TIC na Coruña, na Plataforma Loxística Industrial de Salvaterra-As Neves (Plisan), no parque empresarial da Sionlla -en Santiago-, e nos concellos de Narón e Vilagarcía de Arousa

22/06/20 | 12:26 | C. de Economía e Industria

A Xunta forma persoal investigador para concorrer con éxito ás axudas do Consello Europeo de Investigación

A Axencia Galega de Innovación celebrou esta mañá un taller práctico de preparación de propostas enfocado ás convocatorias 2020 deste organismo

21/06/20 | 11:40 | C. de Economía e Industria

O III Encontro do deseño galego abordará o futuro do sector ao servizo da competitividade empresarial

A Xunta reúne de xeito telemático o próximo 29 de xuño a profesionais de prestixio internacional para reflexionar sobre os retos e oportunidades que se abren na relación deseño-empresa