Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Educación:

15/09/21 | 16:08

A Unesco declara a Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel a sétima reserva da biosfera de Galicia

O Consello Internacional de Coordinación do Programa MaB, reunido en Nixeria, fixo pública esta tarde a relación das novas reservas da biosfera en todo o mundo

15/09/21 | 15:21

Ángeles Vázquez celebra que a confederación hidrográfica do Miño-Sil e o Goberno central recoñeceran por fin as súas responsabilidades no baleirado dos encoros

A Consellería de Medio Ambiente recibiu resposta á misiva enviada o 25 de agosto á ministra para a Transición Ecolóxica e ao presidente da CHMS, que agora afirman que teñen competencias e admiten a existencia do problema

14/09/21 | 14:26

A Xunta achega o mundo da pesca fluvial a escolares de Triacastela no marco da iniciativa escolas de río

Preto dunha vintena de rapaces de Infantil e Primaria recibiron unha charla sobre natureza e pesca sostible e unha clase maxistral sobre pesca a mosca a cargo do catro veces campión do mundo nesta especialidade, o galego David Arcay

14/09/21 | 14:04

A Xunta analiza máis dun cento de propostas de itinerarios ciclistas que formarán parte da guía ‘A paisaxe galega desde a bicicleta’

Ángeles Vázquez avanza que no prazo dun mes se definirán as primeiras vinte rutas e antes de que remate o ano prevén validarse ao redor de 3.000 km deste proxecto de cicloturismo

14/09/21 | 13:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta deseña a mellora dos 156 miradoiros catalogados da provincia de Pontevedra para aumentar o seu valor paisaxístico

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, informa da publicación dunha guía monográfica sobre os 472 espazos inventariados en Galicia nunha visita a Santa Tegra acompañado polo alcalde da Guarda, Antonio Lomba

14/09/21 | 12:43

Os axentes do Parque das Illas Atlánticas denuncian a dous mergulladores por pesca submarina con fusil en Ons

Fixeron varias inmersións desde punta Centolo, seguindo a liña de costa, e taparon o número de folio e nome da embarcación para evitar ser identificados

13/09/21 | 18:42

A Xunta e o Concello de Coirós colaborarán na humanización dun núcleo histórico-tradicional do municipio, cun investimento de 113.000 euros

Esta actuación urbanística enmárcase nos obxectivos do plan Hurbe e consistirá na creación dun novo parque público no núcleo rural de Coirós de Abaixo

13/09/21 | 17:49

A Xunta valora positivamente o inicio dos debates co Goberno central sobre a Lei de cambio climático e as concesións en dominio público marítimo-terrestre

O Executivo galego considera un paso de boa vontade a predisposición do Executivo estatal a dialogar e negociar sobre unha normativa que afecta ao futuro das empresas afincadas no litoral de Galicia

13/09/21 | 13:50

A Xunta aposta por maridar sostibilidade e gastronomía para reducir a pegada ambiental galega

Ángeles Vázquez destaca que en España se desperdician 7,7 millóns de toneladas de alimento cada ano, ao que hai que sumar os recursos empregados para a súa produción

12/09/21 | 11:20

A Xunta colaborará co concello de Arbo para impulsar a declaración do barrio da estación como Área de Rehabilitación Integral

A Consellería tamén estudará a posibilidade de apoiar economicamente ao Goberno local nun proxecto urbanístico para humanizar a antiga estrada PO-400