Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 589 novas da área temática Auga:

04/07/20 | 12:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Freixeiro, no concello de Narón

Os traballos desenvólvense en distintos tramos do río ao longo de 1,8 quilómetros, na parroquia de Xubia

02/07/20 | 13:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de saneamento na parroquia de Santa María de Melide

Para realizar esta actuación, adxudicada por un importe de máis de 116.000 euros, Augas de Galicia adaptou o proxecto ás exixencias do entón Ministerio de Fomento

02/07/20 | 13:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mellora do sistema de depuración de augas residuais dos Praceres, en Pontevedra

Esta actuación foi adxudicada por un importe de preto de 13 millóns de euros e conta cun prazo de execución de 24 meses, 12 para a súa execución, ao que se engade un período de posta en marcha doutros 12 meses

29/06/20 | 14:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e a Universidade de Santiago asinan un convenio para desenvolver un sistema que converta as depuradoras en sistemas de vixilancia fronte a rebrotes da covid-19

O proxecto, no que tamén participan as empresas operadoras, busca aproveitar a información que arroxan as augas residuais, que revelan a presenza do virus unha semana antes de que aparezan os síntomas nos infectados

25/06/20 | 13:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Tambre, no Pino e en Frades

As tarefas están a desenvolverse nas contornas da praia fluvial A Presa e da área recreativa Os Pasos-Aiazo

23/06/20 | 14:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
23/06/20 | 13:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por máis de 1,8 millóns de euros a execución da nova depuradora de Sergude, en Boqueixón, para a mellora do saneamento

As empresas interesadas neste contrato, que conta cun prazo de execución de 12 meses, poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro día 23 de xullo

21/06/20 | 11:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Sar, nos concellos de Padrón e de Rois

Os traballos neste río están a desenvolverse na contorna das parroquias de Padrón e Ribasar

21/06/20 | 11:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa traballos de conservación e limpeza no treito interurbano do río de Xanceda, no Concello de Ourol

As tarefas están a desenvolverse nun tramo de preto de 90 metros ao seu paso polo lugar da Anxeriz, na parroquia de Xerdiz

17/06/20 | 13:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a nova convocatoria de axudas á elaboración de plans de emerxencia fronte á seca co obxectivo de que o vindeiro ano 40 concellos dispoñan desta ferramenta

Esta segunda convocatoria está dotada con 250.000 euros, o mesmo importe que o ano pasado supuxo a concesión de axudas a 20 municipios, os cales rematarán a elaboración dos plans en setembro