Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1231 novas da área temática Turismo:

25/10/21 | 14:49 | A Presidencia da Xunta

Feijóo refírese ao novo albergue no Mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes como exemplo do reforzo da rede pública do Camiño do Norte e da aposta polo coidado do patrimonio

Destaca que, segundo os últimos datos de Turismo, entre xaneiro e setembro, chegaron á Comunidade 2,3 millóns de viaxeiros, con máis de 5 millóns de pernoitas, sendo Galicia a segunda comunidade en recuperación de número de noites e a terceira en número de viaxeiros con respecto ao 2019

22/10/21 | 13:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza a reactivación do termalismo galego coa posta en marcha do 'Outono Termal'

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a presidenta da Asociación de Balnearios de Galicia, Marisol Espiño, presentaron o programa, co que se lle dá continuidade ao Verán Termal e se segue apoiando ao termalismo, afectado pola paralización das viaxes do Imserso.

22/10/21 | 09:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta promove o encontro de destacados gaiteiros da península ibérica a través do acontecemento Piperegrinos

Entre os días 23 e 31 de outubro, seis afamados intérpretes de Galicia, Cataluña, Aragón, Asturias, Castela e León e Portugal actuarán en oito vilas galegas

21/10/21 | 14:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A España Verde aposta pola promoción e creación de novos produtos turísticos arredor do Camiño en 2022

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe en Cabárceno nun encontro de seguimento das actuacións levadas adiante este ano

20/10/21 | 15:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén sinala ao enoturismo como un elemento turístico diferenciador e de calidade

O delegado territorial apuntou que aqueles que se queiran achegarse ata os territorios do viño do Ribeiro poderán facer visitas guiadas e de balde nas adegas participantes

20/10/21 | 13:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia ao sector turístico na adquisición de equipamentos poscovid e na súa dixitalización e promoción

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, lembrou que se trata de dúas liñas de 6M€ cada unha dirixidas a establecementos hostaleiros e hoteleiros como os albergues privados do Camiño de Santiago, incluídas nun paquete de medidas de 16M€ para reactivar o turismo galego

19/10/21 | 13:46

A Xunta coordina co sector náutico-recreativo as accións de promoción de cara a 2022

Portos e Turismo de Galicia incidiron no esforzo da Administración galega por impulsar a actividade náutica vencellada ao turismo costeiro

18/10/21 | 15:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O 15º Outono Gastronómico impulsado por turismo de Galicia chega a 17 establecementos da provincia de Pontevedra

O delegado territorial da Xunta, Luis López, presenta esta iniciativa no hotel rural Torre do Río, en Caldas de Reis, e anima a galegos e visitantes a “gozar da rica gastronomía de tempada” ata o 19 de decembro

18/10/21 | 14:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén subliña o esforzo inversor da Xunta nos albergues de peregrinos da provincia

O delegado territorial sinalou que levaranse a cabo ata finais de ano actuacións en 28 albergues públicos por importe de 2,4 millóns de euros

18/10/21 | 12:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor o potencial do xeodestino das Mariñas ao que este ano o Goberno galego destina 40.000€ para o seu desenvolvemento turístico

O delegado territorial da Xunta na Coruña informou do convenio de colaboración asinado coa entidade e destacou a súa capacidade para converter en un atractivo turístico a marca Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo