Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Medio ambiente:

22/09/21 | 14:28

Xunta e Ecoembes apóianse no sector turístico para mellorar as cotas de reciclaxe e avanzar nunha Galicia máis verde e sustentable cada día

Esta acción comprende o reparto de illas para a reciclaxe de envases e papel-cartón entre os asociados, así como cursos e actividades formativas en materia de sustentabilidade e cambio climático

21/09/21 | 15:25

Sogama xa é propietaria dos máis de 12.000 m2 nos que se instalará a nova planta de biorresiduos de Verín

A Xunta xa licitou as obras de construción por máis de 7 millóns de euros, aos que se suman os máis de 500.000 € para a adquisición dos terreos

21/09/21 | 13:22

A Xunta aprobará inicialmente no último trimestre do ano a ampliación do polígono empresarial de Toedo, na Estrada

A conselleira de Medio Ambiente lembra que esta actuación, pola que se habilitarán máis de 160.000 m2, está incluída na segunda modificación do Plan sectorial de áreas empresariais de Galicia, en fase de avaliación ambiental na actualidade

21/09/21 | 13:03

A Xunta recorrerá ante a xustiza a orde estatal do lobo e esixirá que se paralice a súa aplicación

A decisión do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico deixará sen efecto os plans de xestión da especie aprobados por cada comunidade

A conselleira advirte de que con esta medida se deixa nunha situación “moi delicada” ao sector gandeiro, sobre todo tendo en conta que o Estado non prevé un incremento de recursos económicos nin humanos a mobilizar pola súa parte

20/09/21 | 15:27 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca que Galicia traballará para que a nova Política Pesqueira Europea recoñeza as particularidades do sector na Comunidade

Traslada ao comisario europeo do ramo que a Xunta xa está a traballar co Consello Galego de Pesca para fixar unha postura

18/09/21 | 11:05

Galicia convértese na segunda Comunidade española con máis superficie declarada como Reserva da Biosfera

Coa proclamación da Reserva da Biosfera Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel, algo máis dun millón de hectáreas do territorio galego, o 34,9% da Comunidade, goza xa deste recoñecemento internacional, unha extensión que só supera Andalucía

16/09/21 | 15:14 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca o cumprimento das medidas recollidas no Plan de acción estratéxico para a Ribeira Sacra que conta cun orzamento de 4,5 M€

Sinala que “estamos ordenando o territorio con medidas de protección, con rehabilitación de vivenda e con turismo sostible”

15/09/21 | 19:54 | A Presidencia da Xunta

Feijóo aplaude o recoñecemento da Ribeira Sacra como Reserva da Biosfera que enxalza o valor singular deste territorio a nivel internacional

Asevera que con esta distinción a Unesco dá consideración global á vocación de Galicia coa preservación da paisaxe

15/09/21 | 16:53 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social salienta a importancia da tecnoloxía na mellora dos sistemas residenciais e sociosanitarios no 22º Congreso Nacional de Hospitais e Xestión Sanitaria de Málaga

O director xeral participou na mesa Área temática de Integración para abordar os retos futuros no sistema sociosanitario e no residencial