Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 539 novas da área temática Industria:

16/02/20 | 11:47 | C. de Economía e Industria

Pemes e emprendedores galegos da automoción, as TIC e a alimentación buscan novas oportunidades de negocio en Israel

Unha delegación de dez compañías participou na OurCrowd Global Investor Summit en Xerusalén, evento onde se dan cita investidores e startups de todo o mundo

14/02/20 | 14:37

Medio Ambiente analizará a viabilidade de promover unha nova área de desenvolvemento industrial no concello de Lousame

A conselleira Ángeles Vázquez reuniuse esta mañá coa alcaldesa María Teresa Villaverde, quen lle trasladou que o Goberno local xa traballa no correspondente estudo de viabilidade do proxecto ante o interese amosado por algunhas empresas

14/02/20 | 14:01 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca a internacionalización do sector da lousa e a súa capacidade para xerar riqueza e emprego na comarca de Valdeorras

Lembra que o 33% da produción mundial da lousa para cubertas procede de Galicia, tendo como principais países destinatarios a Francia e ao Reino Unido

14/02/20 | 13:30

Medio Ambiente e a Asociación Empresarial do Tambre colaborarán para asesorar ás empresas interesadas en participar no proxecto biotecnolóxico da Sionlla

A conselleira Ángeles Vázquez reuniuse esta mañá cos responsables desta entidade, que está en contacto con varias firmas empresariais con intención de instalarse nalgunha das sete parcelas reservadas pola Xunta neste polígono

11/02/20 | 21:36 | C. de Economía e Industria

A Xunta informa ás Pemes e autónomos de Boiro das convocatorias de axudas á súa disposición para impulsar os seus negocios

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou nunha xornada informativa celebrada en colaboración coa Asociación Boirense de Empresarios o dinamismo económico do municipio coruñés

11/02/20 | 19:04

Medio Ambiente analizará o estudo de viabilidade do futuro parque empresarial de Coristanco

A conselleira Ángeles Vázquez reuniuse esta mañá co alcalde para o contido deste proxecto promovido pola administración local

11/02/20 | 18:24 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo anima ao sector naval galego a seguir apostando pola innovación como base da súa competitividade

Destaca á botadura do buque oceanográfico como un exemplo máis do carácter estratéxico do sector, que seguirá comprometido coa formación para mellorar a cualificación da industria naval

11/02/20 | 12:14 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Bueu a especialización dos mozos galegos como unha das claves para avanzar cara a Industria 4.0

O director do Igape, Juan Cividanes, visita as instalacións de Corvus Belli, que aposta por incorporar novos titulados para desenvolver proxectos de mellora e avanzar en internacionalización

10/02/20 | 13:08

Medio Ambiente inicia a venta de máis de 750.000 m2 de solo empresarial de Xestur cunha bonificación global que ascende aos 28 millóns de euros

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda recorda que, tal e como se informou no Consello da Xunta do pasado xoves, hoxe convócase o concurso anual de venta de solo en 17 parques empresariais de Xestur

10/02/20 | 12:49 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa con preto de 1,5M€ cinco proxectos de eficiencia enerxética e de renovables na Universidade de Santiago

As actuacións permitirán un aforro anual de enerxía equivalente ao consumo de 450 fogares, cunha redución na factura de 152.000 euros ao ano