Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 776 novas da área temática Emerxencias:

15/12/20 | 14:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica realizou 32 inspeccións e tramitou 13 denuncias durante a fin de semana na provincia de Pontevedra nos controis de medidas ante a covid-19

Os 22 dispositivos despregados enmárcanse no plan de actuacións específicas destinadas a evitar a propagación do coronavirus, no marco da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias

15/12/20 | 12:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica realizou máis de 20 dispositivos esta fin de semana na provincia da Coruña para controlar as medidas ante a covid-19

No marco destes controis os axentes levaron a cabo 18 inspeccións en 4 concellos da provincia coruñesa, nas que identificaron a 12 persoas

15/12/20 | 12:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa a partir deste mediodía unha alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña e Pontevedra

Alértase dun fenómeno meteorolóxico adverso costeiro por vento do sur-suroeste de forza 8-9 e mar combinada con ondas de ata 6 metros

14/12/20 | 11:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Comisión Galega de Protección Civil aproba unanimemente o Plan de atención ao peregrino para o Xacobeo 2021

O Plan de Atención ao Peregrino estará activado desde o día 1 de xaneiro de 2021 ata o 31 de decembro de 2021, e a súa implantación afecta a 138 concellos, repartidos polas catro provincias galegas por onde discorren as dez rutas xacobeas

14/12/20 | 10:34 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu a 60 persoas por 48 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 11 de decembro, ata as 23,59 horas do domingo, 13 de decembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 58 chamadas por accidentes de tráfico

13/12/20 | 13:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa para mañá a alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego

Alértase dun fenómeno meteorolóxico adverso costeiro por mar combinada do noroeste con ondas entre 5 e 6 metros, que poden chegar aos 7 metros na Coruña

11/12/20 | 15:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta amplía a alerta laranxa por temporal costeiro desta tarde a todo o litoral galego

O fenómeno meteorolóxico adverso comezará no noroeste e oeste da Coruña e na Mariña lucense e estenderase ao suroeste da costa coruñesa e ao litoral de Pontevedra

11/12/20 | 09:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa a alerta laranxa por choivas no interior da provincia de Pontevedra

O fenómeno meteorolóxico adverso xa está en curso e prolongarase ao longo da mañá

10/12/20 | 20:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa mañá unha alerta laranxa por temporal costeiro no litoral das provincias da Coruña e Lugo

Alértase dun fenómeno meteorolóxico adverso costeiro por mar combinada do noroeste con ondas entre 5 e 7 metros

10/12/20 | 15:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta entrega 9 condecoracións ao mérito policial a axentes da Policía Autonómica

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o comisario xefe da Policía Autonómica, Jorge Rubal, participaron no acto, que este ano debido á covid-19 se celebrou na Dirección Xeral con tódalas medidas de prevención e aforo reducido