Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1326 novas da área temática Economía:

13/01/22 | 19:04 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta
13/01/22 | 15:15 | A Presidencia da Xunta
13/01/22 | 11:47 | C. de Economía e Industria

A Xunta e o comité de empresa de Alu Ibérica reforzan a súa colaboración para buscar unha alternativa industrial para a fábrica da Coruña

A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, presentoulle aos representantes dos traballadores e ao administrador concursal o caderno de vendas elaborado pola Administración autonómica coa cooperación dun equipo de técnicos da propia planta

12/01/22 | 19:55 | A Presidencia da Xunta

Feijóo enxalza o labor da Galicia emprendedora que "non cesa no seu empeño" en superar o grande escollo económico provocado pola pandemia

Destaca a capacidade da Galicia empresarial para xerar benestar, como proba o feito de que en 2021 a Comunidade acadou a cifra récord de menor desemprego

12/01/22 | 15:12 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca a Galicia como potencia exportadora ao superar por 5º ano consecutivo os 20.000 M€ e sitúa as relacións con Iberoamérica como claves para a reactivación

Sinala a posta en marcha desde a Xunta da Estratexia para a Internacionalización das Empresas galegas (2021-2025) co obxectivo de apostar pola dixitalización e a diversificación dos mercados exportadores, incrementando a presenza de Galicia especialmente fóra da Unión Europea

12/01/22 | 12:23 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa en Miami a presenza das empresas galegas en Estados Unidos para seguir a incrementar as exportacións a este mercado

O director do Igape, Fernando Guldrís, mantén distintos encontros con representantes de institucións e empresas nos que avanza na planificación das seis misións comerciais que se levarán a cabo este ano en EEUU no marco do Plan Foexga e co apoio da Antena do Igape en Miami

10/01/22 | 18:22 | C. de Economía e Industria

A Xunta avalía con Sernauto a oportunidade que supón o perte de automoción para o sector en Galicia

Á espera de coñecer cando abre o Goberno a convocatoria de axudas, esta xuntanza é importante á hora de identificar as actuacións que se poden deseñar desde o ámbito autonómico para complementar a candidatura galega

08/01/22 | 12:38 | C. do Medio Rural

A Xunta mantén aberto ata o vindeiro venres o prazo para solicitar as axudas de 2,1 M€ para a promoción do viño galego en países de fóra da Unión Europea

A estas achegas, que deben solicitarse de xeito telemático, poden acollerse empresas, cooperativas e outras entidades asociativas do sector

07/01/22 | 11:37 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa nas Vegas unha misión comercial para abrir novas vías de negocio ás empresas galegas

O director do Igape, Fernando Guldrís, encabeza a delegación galega que participa estes días no Consumer Electronic Show, a feira máis importante de electrónica de consumo no mundo

05/01/22 | 10:36 | C. de Economía e Industria

A Xunta facilita formación sobre comercio electrónico a máis de 400 pemes e autónomos no marco do novo escenario poscovid

O curso FÓRMAT-e retoma o vindeiro día 13 a súa actividade cun webinario centrado na interpretación eficaz da tecnoloxía para a venda en liña