Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1231 novas da área temática Turismo:

29/10/21 | 13:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta avala o traballo do xeodestino O Ribeiro e pono como exemplo de desenvolvemento turístico

O delegado territorial informou do convenio de colaboración asinado coa entidade e destacou a súa capacidade para converter en un atractivo turístico esta comarca que conta cun gran potencial termal e vitivinícola

29/10/21 | 13:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A gastronomía das diferentes rutas xacobeas centrará a 22ª edición de Xantar en Ourense

O Centro Superior de Hostelería de Galicia acolleu esta mañá a presentación da feira especializada que terá lugar en Expourense a vindeira semana

28/10/21 | 19:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Plan do Litoral e o Camiño de Santiago, eixes de dinamización e oportunidade para a Costa da Morte

A directora de Turismo de Galicia participou hoxe nun encontro sectorial arredor das oportunidades de colaboración e de promoción deste destino

28/10/21 | 13:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta investirá 85,8M€ no Xacobeo 2022 para reforzar a recuperación do turismo e celebrar o Ano Santo que Galicia merece

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, compareceu hoxe no Parlamento de Galicia para explicar as contas do departamento que dirixe para o vindeiro ano, que superan os 402 millóns de euros, un 2,6% máis que no 2021

27/10/21 | 17:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Gaiás amosa a beleza e a historia do Camiño Portugués a través das imaxes de 42 dos fotógrafos máis destacables do último século e medio

A través de 120 imaxes e a ollada de 42 fotógrafos, ‘O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra’ dialoga entre a fotografía do pasado e unha mirada actual ás realidades e paisaxes que conforman este itinerario histórico e cultural

27/10/21 | 15:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia o turismo en Santiago e comarca coa proposta '15 Outono gastronómico en turismo rural'

O delegado territorial da Xunta na Coruña visitou unha das casas rurais incluídas neste programa que ten por obxectivo dinamizar e favorecer o turismo durante os meses de outono

27/10/21 | 13:43 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor a Estratexia do viño para ter un sector consolidado e competitivo nos mercados

Segundo explicou José González, trátase tamén de aumentar o valor engadido dos viños galegos, mellorando a rendibilidade e a sustentabilidade da produción vitícola

27/10/21 | 12:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Seis concellos lucenses do Camiño Francés presentan un Escape Way para amosar o seu patrimonio de forma lúdica

A proposta, promovida pola Asociación de Municipios do Camiño de Santiago, conta co apoio da Xunta de Galicia

26/10/21 | 15:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta distribuíu 370.000€ de axudas á hostalería dos concellos da provincia de Lugo adheridos á plataforma do Goberno galego

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, destacou hoxe que o Goberno galego repartiu 2,5M€ de axudas dos municipios galegos para destinar a 2.400 hostaleiros dos seus concellos a través do sistema da Xunta para abonar os fondos do Plan de Rescate co obxectivo de axilizar os pagos

25/10/21 | 15:01 | C. de Economía e Industria

A Xunta outorga o selo Galicia Calidade ao hotel Bela Fisterra por apostar pola xeotermia nas súas instalacións

O distintivo, que conta coa colaboración da Asociación Clúster da Xeotermia Galega (Acluxega), entregouse tamén á empresa Energanova, instaladora desta tecnoloxía no complexo turístico