Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Medio ambiente:

30/09/21 | 11:54

A Xunta licita a mellora das rúas Calvo Sotelo e Justo Martínez na Estrada por máis de 275.000 euros

O contrato da actuación, publicado hoxe na plataforma de contratación do Goberno galego, prevé un prazo de execución de tres meses

29/09/21 | 19:45

Galicia reclama máis peso para as comunidades e unha dotación orzamentaria axeitada para poder cumprir cos obxectivos climáticos da Unión Europea

A responsable autonómica anima a todas as administracións a traballar de forma coordinada e transparente para implicar á cidadanía na posta en práctica do paquete de medidas e propostas lexislativas presentado pola Comisión Europea no mes de xullo

28/09/21 | 15:19

Galicia testa os medios de loita contra a contaminación cun simulacro na praia de Gandarío

O exercicio consistiu no despregue dunha barreira seladora e outra oceánica para a protección deste areal da ría de Ares e Betanzos ante unha suposta mancha de hidrocarburo

28/09/21 | 14:43

Galicia presenta un recurso ante a Audiencia Nacional fronte a unha orde ministerial de protección do lobo “repleta de incoherencias”

A Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia formalizou esta mañá o contencioso anunciado en oposición á inclusión da especie na listaxe Lesrpe

27/09/21 | 12:51

A Xunta adxudicará este outono as obras da nova planta de transferencia de residuos de Riotorto, nas que investirá case 2 millóns de euros

A capacidade da futura planta será de 13.500 toneladas ao ano e inicialmente, dará servizo tamén aos concellos de Meira, A Pastoriza, Pol, A Pontenova e Ribeira de Piquín

25/09/21 | 12:00

Dúas persoas con discapacidade traballaron este verán como auxiliares dos guías en Cíes e en Ons grazas á colaboración entre o Parque Nacional e Amicos

Durante os meses de xullo, agosto e setembro realizaron labores de ordenamento e control de visitantes, ofreceron información sobre os recursos existentes nas illas e lembraron as medidas hixiénico-sanitarias que deben cumprir durante a súa estadía

24/09/21 | 13:45

A Xunta analiza co Concello de Boimorto a instalación do quinto contedor para a recollida dos biorresiduos

Ambas administracións coinciden na súa preocupación polos prazos e as novas obrigas que suporá para as entidades locais a futura Lei de residuos estatal

23/09/21 | 17:40

A Xunta reafirma o seu compromiso coas enerxías limpas nos peiraos durante a clausura da 'IV Green Energy Ports Conference'

Susana Lenguas puxo en valor algunhas iniciativas do Executivo galego como o proxecto integral de renovación de luminarias co que no período 2022-2023 se substituirán máis de 2.000 lámpadas portuarias de diversa tipoloxía por tecnoloxía led

23/09/21 | 14:30

A Xunta monotoriza a tempo real a calidade do aire para descartar posibles efectos da erupción do volcán da Palma en Galicia

MeteoGalicia indica que as concentracións de dióxido de xofre (SO2) e monóxido de carbono (CO) rexistrados ata o de agora acadan niveis normais e non se prevén cambios a curto prazo