Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1597 novas da área temática Benestar:

05/04/22 | 14:52 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta solicita ao Goberno central que se aplique ao ingreso mínimo vital o mesmo modelo de coxestión das pensións non contributivas

Destaca que o Goberno galego xa mantivo unha primeira reunión con técnicos do Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones para avanzar na transferencia de competencias

05/04/22 | 12:27 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta licita o equipamento da nova escola infantil da Guarda, que entrará en servizo o vindeiro curso

Destínanse case 88.000 euros para dotar ao centro de mobiliario, material didáctico, cociña e electrodomésticos; así como do sistema de rego, pavimento, valado e proteccións exteriores

04/04/22 | 14:34 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta de Galicia aposta pola sensibilización e inclusión das persoas xordas desde as idades máis temperás para conseguir unha sociedade acolledora

A federación realiza diferentes accións entre o alumnado galego para normalizar esta lingua, fomentar a integración e facilitar a interacción e a comunicación plena

04/04/22 | 10:52 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta mantén aberto ata o día 8 de abril a solicitude de matrícula nas escolas infantís da rede pública autonómica

O vindeiro curso será o primeiro no que a atención educativa será 100% gratuíta para todos os nenos, o que fai de Galicia a primeira Comunidade Autónoma cunha educación infantil universal

02/04/22 | 12:49 | C. de Política Social e Igualdade

As familias interesadas en solicitar praza na nova escola infantil pública da Guarda teñen de prazo ata o vindeiro día 8 de abril

Toda a información sobre os trámites a seguir, requisitos, documentación necesaria e os formularios están dispoñibles tanto no Diario Oficial de Galicia (DOG) como nas páxinas web da Consellería de Política Social e do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

02/04/22 | 12:09 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social pon en valor os avances acadados en Galicia na atención e integración das persoas con autismo

O Goberno galego achega á discapacidade 141,7 millóns de euros, cifra récord da historia da Comunidade

31/03/22 | 16:40 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta sinala como piares da nova Lei de Inclusión Social a inserción sociolaboral, a redución da burocracia e a reordenación das axudas

Defende que non se puido avanzar no deseño da normativa pola demora na tramitación da lei reguladora do IMV

31/03/22 | 16:39 | C. de Política Social e Igualdade

Máis de 130 maiores desfrutaron da última edición do programa ‘Xuntos polo Nadal’ da Xunta de Galicia

A iniciativa celebrouse na última semana de decembro e na primeira de xaneiro nas residencias de tempo libre do Carballiño e Nigrán

31/03/22 | 15:44 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta e a FAXPG colaboran para fomentar a accesibilidade das persoas xordo-cegas ás actividades institucionais

A través deste convenio, porase a disposición do colectivo intérpretes para favorecer a súa participación e tamén se formará a persoal da Xunta en lingua de signos

31/03/22 | 13:51 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social participa na xornada do Proxecto acogER de acollemento a menores con enfermidades raras

Este encontro ten como obxectivo realizar unha análise da situación destas nenas e nenos atendidos no sistema de protección de Galicia