Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 258 novas da área temática Urbanismo:

08/10/22 | 11:21

A Xunta licita por máis de 370.000 € a humanización do núcleo rural de Moreiras no Concello de Toén

Os traballos, cun prazo de execución dun ano, inclúen a creación dun espazo público con 12 prazas de aparcamento, a construción de ramplas accesibles con miradoiros e escaleiras e unha senda peonil

07/10/22 | 16:12

Xunta e Concello de Ferrol avalían nunha reunión de traballo a necesidade de axilizar as licenzas municipais e o plan de dinamización do Rexurbe

No encontro, que tivo lugar esta mañá, participaron a delegada territorial da Xunta, Martina Aneiros; o director do IGVS, Heriberto García; o alcalde da cidade, Ángel Mato, e os concelleiros de Urbanismo e Benestar Social
 

06/10/22 | 13:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a mellora do local social da asociación veciñal de San Vicente de Graíces, na Peroxa

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe o edificio ao que se destinaron máis de 14.000 euros para a mellora da accesibilidade e do equipamento, entre outras accións

05/10/22 | 20:02 | C. de Sanidade

A Xunta continúa a agardar por unha parcela urbanisticamente viable para poder iniciar o novo centro de saúde de Caldas de Reis

O conselleiro de Sanidade informou de que o Plan Especial que tramita o concello de non dá resposta ás necesidades do Sergas para a instalación dun centro de saúde neses terreos

05/10/22 | 19:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca que a solución definida para reconstruír o treito afundido da Estrada do Courel é idónea desde o punto de vista técnico, ambiental e funcional

Vázquez Mourelle sinala que a actuación consiste na execución a media ladeira dun treito de 840 metros de novo trazado na LU-651, a unha cota intermedia entre a traza orixinal, salvando a zona do derrubamento cunha pendente máxima do 8%

05/10/22 | 12:01

A Xunta adxudica por preto de 50.000 € a redacción dos proxectos para rehabilitar 3 inmobles en Ferrol Vello

Emprazados nas rúas Castro 6, Rastro 6 e Argüelles 4, foron adquiridos polo IGVS a través do programa Rexurbe co obxectivo de acadar 3 vivendas protexidas destinadas a alugueiro

04/10/22 | 13:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez anuncia que a Xunta rematará 2022 cun novo impulso ao saneamento da Ría de Arousa poñendo en marcha catro actuacións que suman un investimento de máis de 18 M€

Vázquez Mourelle destaca a licitación hoxe por 1 M€ da mellora do bombeo e colector de Cabanelas, que comezará no 1º semestre de 2023 e rematará nese ano

02/10/22 | 12:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta iniciará o luns novos traballos de roza e limpeza nas marxes de 4 vías autonómicas da provincia de Ourense e seguirá cos iniciados nas da Coruña, Lugo e Pontevedra

Actuarase na OU-171, no Carballiño e no Irixo; na OU-212 en Beariz, Avión, Leiro, Carballeda de Avia e Beade; na OU-402 en Castrelo de Miño ; e na VG-3.1 en San Cibrao das Viñas

29/09/22 | 14:05

Galicia, Estremadura e País Vasco entregan ao Goberno central o manifesto pola seguridade xurídica do planeamento urbanístico que apoian 13 comunidades

Trátase dun documento consensuado durante o encontro autonómico Xacobeo 21-22 organizado pola Xunta en Santiago o pasado mes de marzo