Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 235 novas da área temática Portos:

28/05/22 | 16:10

Galicia participa no inicio da travesía náutica Xacobea 2022 que peregrinará a vela desde Cádiz a Portosín

A presidenta de Portos de Galicia estivo presente hoxe no acto de saída da ruta que percorrerá a costa atlántica e chegará a Galicia o 10 de xuño tendo Baiona como primeiro porto de recalada na comunidade

21/05/22 | 09:16

Galicia e Andalucía alíanse para promocionar a peregrinación por mar coa participación na travesía náutica Xacobea 2022

A inscrición nesta iniciativa, que partirá de Cádiz o 28 deste mes para chegar a Portosín o 13 de xuño, atópase xa aberta na páxina web da Asociación de Náuticos de Galicia, organizadora desta ruta marítima

20/05/22 | 14:06

A Xunta investiu 440.000 euros na renovación da pasarela do bordo portuario de Moaña

Portos de Galicia transferirá a conservación desta actuación ao Concello e prevé iniciar proximamente a renovación do pavimento dos pantaláns pesqueiros do peirao de Meira

20/05/22 | 12:37

Portos de Galicia apela á colaboración dos concellos para poder aumentar os horarios e zonas autorizadas á pesca recreativa

Susana Lenguas subliñou o esforzo realizado polo Executivo galego para integrar unha práctica vinculada unicamente ao ocio veciñal e allea á actividade portuaria

12/05/22 | 16:42

A Xunta denuncia as contradicións do Goberno central sobre o informe do Plan especial de Cambados e pide que rectifique para garantir o futuro das instalacións asentadas no porto

Lembra que o documento emitido por Costas do Estado cuestiona a continuidade de tres depuradoras e outras instalacións sociais en terreos do peirao de Tragove e que pretende invadir competencias ao ir en contra da Lei de Portos de Galicia, do Estatuto de Autonomía de Galicia e da Delimitación de Espazos e Usos Portuarios

11/05/22 | 17:19

A Xunta expón a súa aposta pola economía azul e o crecemento sostible nas Xornadas de enxeñería de costas e portos

A presidenta de Portos de Galicia participou na apertura do congreso que celebra en Vigo a súa vixésimo sexta edición, á que o ente público contribúe con catro conferencias relacionadas con dragaxes, modelos de predición marítima nos peiraos e melloras nas instalacións portuarias

11/05/22 | 14:47

A Xunta licitará este mes as obras de mellora do bordo da praia do cruceiro en Porto do Son

Ángeles Vázquez lembra que a Xunta achegará o 70% dos preto de 263.000 euros necesarios para a materialización desta intervención, que se iniciará despois do verán

05/05/22 | 17:06

A Xunta inviste arredor de 4 M€ na mellora da iluminación de preto de 30 portos autonómicos para acadar un aforro enerxético de ata o 60%

A Consellería do Mar e Portos de Galicia asinan un acordo de colaboración para a financiación deste proxecto a través de fondos FEMP e fondos propios de ambas entidades

04/05/22 | 12:01

A Xunta proxecta o investimento de máis de 380.000 euros na renovación da cuberta da lonxa de Muros

A presidenta de Portos de Galicia presentou ao sector profesional e aos representantes municipais o proxecto, que se atopa en tramitación