Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Medio ambiente:

08/12/22 | 10:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta impulsa un proxecto piloto para a eliminación do aluminio nas augas de consumo humano nos sistemas de abastecemento autónomo de Galicia


Porase en marcha unha planta experimental no concello de Oia para a eliminación de aluminio nunha traída seleccionada, incluíndo a análise da auga de distintos pozos de barrena localizados no entorno dos puntos de captación

07/12/22 | 15:43

A Xunta garante a accesibilidade da poboación á rede de puntos limpos cun investimento de 7,7 M€ en 137 proxectos nos últimos 4 anos

 Sagrario Pérez avanza que o Goberno galego traballa para converter estas instalacións en puntos verdes, nos que se poida empregar a intelixencia artificial para coñecer o seu comportamento e as súas necesidades e transformalos nun elo esencial da economía circular

07/12/22 | 11:16

A Xunta incorpora ao Catálogo de árbores senlleiras a Nogueira do Camiño Vello, localizada no concello de Triacastela

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se fai pública a inclusión deste exemplar atendendo ás súas características dendrométricas, á súa singularidade e á beleza do seu porte

06/12/22 | 11:07

O Parque Nacional das Illas Atlánticas reafirma o seu compromiso co desenvolvemento sostible coa súa incorporación á Asociación de Ecoturismo de España

Comparte a filosofía, os obxectivos e a liña de traballo da AEE de cara a apostar polo ecoturismo como a estratexia máis beneficiosa para valorizar os recursos naturais e culturais dos espazos naturais
 

05/12/22 | 15:56

A Xunta destina preto de 1,5 M€ a actuacións de conservación e mellora no Parque Natural do Invernadeiro

Algo máis de 1 M€ destínase a obras de rehabilitación enerxética das edificacións do complexo do Centro de recepción e interpretación do parque
 

04/12/22 | 11:00

A Xunta adxudica por máis de 327.000 € as obras de humanización do núcleo rural de Moreiras, en Toén

Os traballos, cun prazo de execución de 11 meses, inclúen a creación dun espazo público con 12 prazas de aparcamento, a construción de ramplas accesibles con miradoiros e escaleiras e unha senda peonil, entre outros elementos
 

02/12/22 | 15:33

A Xunta comparte a experiencia de Sogama coa Asociación para a xestión de residuos en Portugal

Sogama e Esgra abordaron cuestións vinculadas á innovación tecnolóxica ambiental, a dixitalización, a eficiencia e a loita contra o cambio climático a través da xestión sostible dos residuos municipais

02/12/22 | 13:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Arias confirma que a Xunta impulsará a Aula da Natureza que lle cede o Club Ancares en Cervantes

O delegado territorial de Lugo asinou hoxe a escritura de cesión gratuíta xunto co presidente da entidade, Alfredo Sánchez Carro

02/12/22 | 13:44

Ángeles Vázquez valora o compromiso dos 39 concellos galardoados cos premios ‘Vilas en Flor’ co embelecemento da paisaxe urbana e rural

Subliña o traballo que realizan estes municipios a prol da mellora do medio ambiente e da calidade de vida dos seus veciños a través de proxectos de axardinamento e ornamentación floral