Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

21/12/22 | 12:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia melloras nas infraestruturas municipais e ambientais da Lama cunha achega de case 127.000 euros

A directora xeral de Administración Local, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, visitou hoxe a localidade para comprobar o funcionamento da biotrituradora e dos contadores de auga intelixentes adquiridos ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental

20/12/22 | 15:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por máis de 290.000 euros a nova mellora do acceso da Vía Ártabra ao Porto de Lorbé, no Concello de Oleiros

Mellorarase o acceso ao porto de Lorbé, desde a intersección coa estrada provincial CP-5802 ata a entrada ao recinto portuario

20/12/22 | 15:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 160.000 euros a execución dunha parada de autobús intermodal na estación de ferrocarril do Carballiño

Acondicionarase unha parada exclusiva para as liñas interurbanas de autobús de uso regular na parcela situada na explanada frontal da estación de ferrocarril, localizada na avenida O Vinte e Cinco de Xullo

20/12/22 | 14:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por preto de 220.000 euros as obras necesarias para minimizar o risco de inundación na marxe dereita do río Valga, no concello de Valga

A actuación, cun prazo de execución de 3 meses, ten como obxectivo evitar o asolagamento na zona urbana

20/12/22 | 12:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 14,3 M€ as obras do centro integral de saúde Olimpia Valencia de Vigo

O novo centro unificará a atención sanitaria do barrio das Travesas e incrementará a carteira de servizos de atención primaria que se prestan na actualidade, como son os de Fisioterapia, Odontoloxía e Farmacia, beneficiando a 42.000 persoas

19/12/22 | 17:39 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta instalou unha cuberta no acceso ao pavillón do CPI Dr. López Suárez de Escairón, no Saviñao

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que o plan de reforma, ampliación e mellora de centros educativos inclúe este ano nove obras menores por valor de 156.800 euros na Zona Sur da provincia de Lugo

19/12/22 | 14:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As autonomías do noroeste definen a estratexia das infraestruturas do Corredor Atlántico que permitan triplicar o transporte ferroviario de mercadorías en 2040

Aspiran a incrementar a competitividade dos portos e plataformas loxísticas para poder pasar dun transporte ferroviario de 7 millóns de toneladas/ano ata máis de 20 toneladas/ano

19/12/22 | 13:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
19/12/22 | 13:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta iniciará en xaneiro as obras de mellora de eficiencia enerxética no edificio da delegación da Xunta na Coruña por un importe de 1,8 M€

O delegado territorial presentou hoxe o proxecto que inclúe a instalación de dúas caldeiras de biomasa e a mellora do sistema de control e a substitución dos equipos de iluminación existentes por luminarias LED

18/12/22 | 12:47

A Xunta e o Concello de Paderne de Allariz avanzan na tramitación do parque empresarial da localidade

Ángeles Vázquez e José Manuel Fernández tamén avaliaron a posibilidade de humanizar a contorna de Rioseco e dotar a zona dunha piscina