Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 323 novas da área temática Formación:

15/11/22 | 12:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon de relevo a importancia da coordinación institucional contra a violencia machista nunha Xornada divulgativa de Diagnose e Boas Prácticas

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, inaugurou na Coruña a sesión de dinamización das Mesas Locais na que participou persoal dos concellos da provincia, dos CIM e axentes dos corpos de seguridade

14/11/22 | 13:53

Máis dun cento de técnicos urbanísticos de toda Galicia participan esta semana no segundo curso sobre disciplina urbanística organizado pola Xunta

Durante tres días, especialistas do sector público, universitario e xurídico exporán as principais novidades normativas no eido do urbanismo desde un punto de vista práctico e clarificarán a relación entre todos os axentes implicados na defensa do territorio

14/11/22 | 12:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez avoga por intensificar a relación entre o sistema educativo e o tecido empresarial para mellorar a formación integral do estudantado

O titular de Educación do Goberno galego pon de exemplo os bos resultados desa interacción en ámbitos como a Formación Profesional ou os graos duais universitarios, que se comprometeu a seguir impulsando

14/11/22 | 11:59

A Xunta inviste 504.000 euros na formación dunha vintena de alumnos no Obradoiro dual de emprego que comparten Monfero, Aranga, Irixoa e Vilarmaior

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá as clases onde puxo en valor os obradoiros de emprego dual como exemplo do compromiso do Goberno galego coa xeración de traballo na comarca

13/11/22 | 11:05

A Xunta ofrece formación gratuíta sobre como obter financiamento para proxectos de economía social

A actividade, ofrecida pola Rede Eusumo é gratuíta e está dirixida a calquera persoa interesada en emprender ou consolidar a súa actividade neste sector
 

12/11/22 | 13:05

Lorenzana sinala en Cabana que o Plan Emprega Discapacidade da Xunta impulsará a formación e a inserción laboral de preto de 6.000 persoas en 2023

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou hoxe no 30 aniversario da Asociación Íntegro

12/11/22 | 13:00 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza a semana que vén en Antas de Ulla unha xornada sobre aspectos prácticos da normativa en materia de montes e de prevención de incendios forestais

Organizada polo distrito forestal IX Lugo-Sarria, está prevista na Casa da Cultura o próximo xoves 17 de novembro

11/11/22 | 14:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta adxudica dez bolsas de formación para a investigación en humanidades no Centro Ramón Piñeiro

O Diario Oficial de Galicia publica a resolución pola que se conceden estas axudas

11/11/22 | 12:57 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta desenvolve un programa formativo para profesionais do ámbito da protección de nenos e adolescentes

Máis de 300 persoas inscribíronse nesta proposta, dirixida a profesionais do ámbito social, educativo e terapéutico

11/11/22 | 11:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes