Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Galicia aposta pola incorporación das novas tecnoloxías aos labores de control e estudo do medio mariño e terrestre
Rosa Quintana destaca que dispositivos como os drons constitúen unha solución para optimizar o salvamento marítimo, a loita contra a contaminación mariña accidental e o furtivismo e a preservación dos ecosistemas fluviais e costeiros
A Xunta de Galicia inxecta preto de 400.000 euros na comarca en axudas a través do grupo de acción local do sector pesqueiro Golfo Ártabro Norte
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá a Panadería Patricio, beneficiaria dunha achega de preto de 146.000 euros
Galicia valora o recurso do Goberno central ao veto á pesca de fondo e insiste na necesidade de solicitar a súa suspensión
A conselleira do Mar subliña que a suspensión desta prohibición que está a ter un importante impacto na actividade da frota sería un bo respaldo para o sector
Galicia traballa en diferentes vías de obtención de Mexilla e mantén a vontade de flexibilizar as zonas de extracción en base ao diálogo e aos criterios técnicos
Entre estas accións están o estudo da abundancia deste recurso na costa galega co uso de drons, o seguimento e análise da eficacia das cordas colectoras e a produción de semente en criadeiros
A tempada de pesca fluvial de 2023 comezará en Galicia o vindeiro 19 de marzo e estenderase ata o 31 de xullo
As cotas de captura e os períodos hábiles establecidos para cada especie recollen as propostas realizadas polos consellos provinciais de pesca
A Xunta impulsa a colaboración de Anfaco-Cecopesca e o grupo Angulas Aguinaga para innovar na produción de moluscos
A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou en Cambados na presentación de Promogal, a nova Unidade Mixta de Investigación a través da cal o centro tecnolóxico e o grupo empresarial vasco avanzarán na aplicación de procesos de transformación máis sostibles e intelixentes e no desenvolvemento de produtos novos e máis saudables
Preto de 200 nenas e nenos do CEIP Calvo Sotelo do Carballiño coñecen os beneficios das conservas de produtos do mar coa campaña ‘Fai clic ao teu bocata’
O director xeral de Pesca e o delegado da Xunta en Ourense acompañaron esta mañá a alumnas e alumnos deste centro nun dos obradoiros desta iniciativa