Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 773 novas da área temática Xacobeo:

29/06/21 | 12:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta que Vigo inicia o verán co albergue que precisaba para celebrar un Ano Santo bianual que suporá un pulo para o Camiño Portugués e para a cidade

Subliña que este edificio de seis plantas, no que a accesibilidade está garantida, conta con capacidade para acoller ata 93 persoas

26/06/21 | 14:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; A Presidencia da Xunta

Feijóo enxalza o Camiño de Santiago como un patrimonio que é Marca España e que debemos conservar entre todos

Agradece a vontade de proclamar con esta rúbrica a vixencia do Camiño, recoñecer todo o que achega ás comunidades que atravesa e renovar compromisos

25/06/21 | 15:13

A Xunta reivindica a capacidade transformadora da muller nos ámbitos científico e laboral no acto `Xacobeo peregrinas´ en Padrón

A directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, participou neste encontro que forma parte da programación do Xacobeo

25/06/21 | 14:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; A Presidencia da Xunta
24/06/21 | 15:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta que a Xunta impulsará ata finais de ano actuacións para a mellora de 28 albergues públicos en sete rutas do Camiño

Resalta a aprobación do decreto polo que se actualiza a regulación da marca Xacobeo 21-22, despois da prórroga do Ano Santo

23/06/21 | 20:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O proxecto "Camiño de historias" impulsado no marco do programa “O teu Xacobeo” promociona as rutas xacobeas

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou esta tarde na presentación da web audiovisual coa que se da a coñecer varios itinerarios a través de máis dun cento de vídeo-historias cos relatos sobre as experiencias dos peregrinos

22/06/21 | 18:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforzará a inspección do estado dos camiños para garantir a súa conservación ante o aumento de peregrinos este Xacobeo 21-22

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, explicou no Parlamento o investimento do Goberno galego no acondicionamento, a sinalización e o embelecemento das rutas xacobeas, xunto cos 85,6M€ reservados este ano para o desenvolvemento do Ano Santo

19/06/21 | 13:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor destaca o crecemento do Camiño Inglés que xa é a terceira opción máis elixida polos peregrinos

O delegado da Xunta participou na inauguración da cuarta edición da Primaveira no Camiño Inglés que se celebra hoxe na praza de Armas de Ferrol organizada pola Asociación de Municipios do Camiño Inglés

18/06/21 | 19:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta valora o Plan Nacional Xacobeo, pero lamenta que o Goberno central invista menos do que o Goberno galego destina só para Galicia

Bota en falta que non se tiveran en conta as súas alegacións e que as actuacións, que nalgún caso chegarán tarde, non se coordinasen coa Administración autonómica