Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2788 novas da área temática Sanidade:

13/05/22 | 12:14 | C. de Sanidade

A Xunta porá en marcha este mes o cuarto dos sete hospitais de día de saúde mental infanto-xuvenís previstos no plan de saúde mental de Galicia

O Plan prevé aumentar a colaboración coas entidades sociais do sector ata superar as 1.500 prazas concertadas no ano 2024

13/05/22 | 10:30 | C. de Sanidade

O Sergas oferta 182 prazas nas oposicións que se celebran esta fin de semana

O sábado están convocados un total de 2.687 aspirantes para a cobertura de 87 prazas de cociñeiro, mecánico, telefonista e terapeuta ocupacional, e 1.642 aspirantes están convocados para o domingo, para cubrir 95 prazas de electricista, pasador de ferro e técnico especialista de sistemas e tecnoloxías da información

12/05/22 | 16:16 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en valor o traballo da Fundación Neuroburgas na atención ás persoas con enfermidades neurolóxicas

Lembra que o Goberno galego está a traballar nun plan de choque á dependencia que permita a creación de vías preferentes para que as persoas con doenzas graves reciban atención o antes posible

12/05/22 | 10:43 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 15.023 casos activos por coronavirus

Un total de 583.117 pacientes xa están curados

12/05/22 | 10:15 | C. de Sanidade

Os técnicos de saúde do Sergas realizan preto de 37.000 xestións nos seus primeiros meses de traballo

Desde o pasado 21 de febreiro, os profesionais de apoio do Servizo Galego de Saúde accederon a un total de 32.513 historias clínicas de pacientes covid para valoración e seguimento; realizaron 3.432 xestións relacionadas con incapacidades temporais e elaboraron 974 informes médicos vencellados co coronavirus

11/05/22 | 22:06 | C. de Sanidade

Sanidade conmemora o Día Internacional da Enfermería co agradecemento ao persoal composto por máis de 11.700 profesionais do Sergas, aos que se sumarán proximamente outros 1.952

O número total de prazas convocadas na actualidade en OPE é de 1.070 con prazo aberto e inscrición que finalizará o 15 de xullo

11/05/22 | 16:14 | C. de Sanidade

O Sergas incorpora 28 farmacéuticos de atención primaria durante o mes de maio

A actividade principal destes profesionais céntrase en mellorar a seguridade, efectividade e eficiencia do uso de medicamentos e produtos sanitarios

10/05/22 | 14:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor anima a solicitar, ata o 12 de xullo, as axudas por máis de 864.000€ dirixidas a entidades do ámbito dos trastornos mentais

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou esta mañá as instalacións da Asociación Galega para a Asistencia e Investigación dos Trastornos da Personalidade –TP Galicia

10/05/22 | 11:49 | C. de Sanidade

A Xunta de Galicia destina preto de 1,2 millóns de euros a programas de asistencia a pacientes con trastornos aditivos na comarca de Ferrol

O convenio con Asfedro, que ascende a preto dun millón de euros, incrementouse un sete por cento con respecto ao ano anterior

10/05/22 | 10:17 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 14.991 casos activos por coronavirus

Un total de 580.402 pacientes xa están curados