Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 834 novas da área temática Igualdade:

06/07/21 | 17:23

O Observatorio Galego contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero referenda o seu apoio ás persoas LGTBI e rexeita calquera acción ou delito de odio que atente contra elas

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou hoxe nunha xuntanza do Observatorio que traballa na defensa dos dereitos e a non discriminación por razón de orientación sexual e identidade de xénero

03/07/21 | 13:39

A Xunta apoia en Mos a inserción laboral de 40 mulleres vítimas de violencia de xénero

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na clausura do programa Insere Activa 5 de Aemos, que apoia a Xunta a través da liña de axudas destinada ás entidades sen ánimo de lucro

03/07/21 | 12:42

A Xunta outorga ás asociacións de mulleres un papel clave para avanzar na igualdade real e efectiva

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe en Poio (Pontevedra) no III Congreso de Asociacións de Mulleres

02/07/21 | 11:38

As axudas de redución de xornada para homes e familias monoparentais por coidado de fillos e fillas poderán solicitarse ata o 2 de agosto

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases que rexerán esta nova convocatoria de axudas para o apoio á conciliación e á corresponsabilidade cando o proxenitor ou proxenitora reduce a xornada para o coidado das fillas e fillos menores de 3 anos

01/07/21 | 13:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina máis de 1,6 M€ en axudas para promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero a 50 concellos da provincia

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, e o delegado territorial, Luis López, informan destas achegas, que benefician ao 82% dos municipios e permiten soster 27 Centros de Información á Muller con 70 traballadores

30/06/21 | 13:43

Un total de 74 concellos da provincia da Coruña recibirán axudas da Xunta por valor de algo máis de 2 millóns de euros para promover a conciliación, previr e tratar a violencia de xénero

Susana López Abella e Gonzalo Trenor informaron da resolución das axudas a concellos e outras entidades locais para potenciar a conciliación e a corresponsabilidade, a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero

29/06/21 | 14:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta achega case 1 M€ a 57 concellos lugueses para fomentar a igualdade, previr a violencia de xénero e apoiar ás vítimas

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, e o delegado territorial de Lugo, Javier Arias, informaron hoxe da resolución da orde de axudas a entidades locais, que beneficia ao 85% dos municipios da provincia

25/06/21 | 12:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Os concellos da comarca viguesa recibirán axudas da Xunta por case 524.000 € para promover a conciliación e loitar contra a violencia de xénero

A través destas concesións a concellos e outras entidades locais para potenciar a conciliación e a corresponsabilidade, a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero dáse cobertura con estas axudas ao 89% da poboación galega

24/06/21 | 13:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoiará a 81 concellos da provincia de Ourense con programas e medidas de igualdade

Na provincia de Ourense, 81 concellos recibirán este ano o apoio da Xunta con un investimento de case 1,8 M de euros a programas e medidas de igualdade no ámbito local en Galicia, co dobre obxectivo de contribuír a que mulleres e homes teñan as mesmas oportunidades e de avanzar na erradicación da violencia de xénero

23/06/21 | 17:40

A Xunta avoga pola corresponsabilidade e a conciliación para mellorar o clima laboral, a retención do talento feminino e a vida familiar

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, abriu hoxe o webinario da Xunta ‘A corresponsabilidade e a conciliación na realidade da empresa’