Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta presenta en Lugo os novos servizos de innovación para pemes incluídos no Programa Reacciona
A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou nun webinario para informar a microempresas e pemes, que poden solicitar asesoramento especializado no ámbito da innovación, ademais de noutros eidos como o desenvolvemento estratéxico, a profesionalización ou a dixitalización
A Xunta financia con case 13,7 M€ a actividade científica das unidades de investigación máis punteiras no sistema de I+D+i galego
O Goberno galego asegura o financiamento estable do labor de 90 grupos pertencentes ás tres universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG), aos organismos públicos de investigación galegos, ás fundacións de investigación sanitaria e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) radicados en Galicia
Feijóo anuncia que a Xunta traballa nunha Lei de reactivación da economía co obxectivo de converter Galicia nun bo lugar para investir
"Estamos xa a traballar nesta lei porque a tramitación administrativa non pode ser un problema, senón que ten que ser un acompañamento legal ás empresas, para que con seguridade xurídica se poidan instalar no ámbito territorial”, di
Feijóo reivindica o papel da ciencia na Galicia de hoxe e do mañá e destaca o investimento de 12 millóns para apoiar a investigación e produción de equipos de protección contra a pandemia
Subliña que os galardoados esta tarde coas Medallas de Investigación e cos Premios de Investigación Ernesto Viéitez son parte da excelencia de Galicia, ao igual que o homenaxeado Andrés Comerma
A Xunta publica a primeira base de datos dixital de materiais innovadores creados por empresas e centros de coñecemento galegos
A nova web da Materioteca de Galicia permite acceder en aberto á súa base de datos e ao seu catálogo de servizos para impulsar o deseño e a innovación mediante o uso de materiais innovadores
A Xunta e o Inta reforzan a súa colaboración para impulsar novos proxectos de innovación e industrialización no polo aeroespacial de Galicia
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou o aeródromo de Rozas (Castro de Rei) xunto co director xeral do Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (Inta), José María Salom
Vinte e cinco obradoiros artesáns participan nun curso en liña para formarse en marketing, xestión e estratexia empresarial
A Fundación Artesanía de Galicia organiza o curso “Formación estratéxica para a nova artesanía”
A Xunta mobiliza 5,4M€ apoiando os plans de innovación de 38 pemes e microempresas galegas
A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación vén de resolver a terceira convocatoria do programa InnovaPeme, que contribuirá á creación e mantemento de 180 postos de traballo
A Xunta presenta as oportunidades do sector aeronáutico galego para captar talento e proxectos innovadores a través da BFAero
A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain) participou nunha xornada virtual para informar sobre a aceleradora do sector aeronáutico á comunidade educativa da Universidade Politécnica de Madrid (UPM)
A Xunta sinala que o proxecto europeo Trafair é un exemplo de como a innovación contribúe a mellorar o benestar da sociedade
A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou na entrega do II Premio x Aire Limpo a Santiago de Compostela por esta iniciativa na que participa o Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga)