Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 776 novas da área temática Deporte:

22/01/21 | 15:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica en colaboración con Gardacostas investigan a 16 persoas por furtivismo na costa da Coruña

O operativo comezou no mes de outubro a raíz das denuncias da Confraría de Pescadores da Coruña alertando de furtivos da zona do Portiño que extraían percebe de forma ilícita no litoral próximo a cidade coruñesa

19/01/21 | 15:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta amplía a alerta laranxa por vento activa desta tarde en Lugo ás provincias da Coruña e Pontevedra

Alértase dun fenómeno meteorolóxico por ventos do sur e suroeste con refachos de ata 100 Km/h desde esta tarde

19/01/21 | 12:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta entrega 12 remolques de emerxencias para reforzar o equipamento de agrupacións de Protección Civil

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entrega deste material cedido aos concellos ao abeiro da orde de axudas para equipamentos de emerxencias, que contou en 2020 cun investimento de 932.400 euros

19/01/21 | 12:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co Concello de Mos na adquisición dun novo vehículo destinado ás labores ambientais da Policía Local

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, fixo entrega hoxe deste vehículo ECO, financiado polo Goberno galego ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental

18/01/21 | 19:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa a alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e Pontevedra e por vento en Lugo

Alértase dun fenómeno meteorolóxico adverso costeiro no noroeste e oeste do litoral coruñés por ventos do sur ou sureste de forza 8 e mar combinada do suroeste con ondas de ata 6 metros

18/01/21 | 14:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado da Xunta recibe aos representantes das agrupacións de voluntarios de Protección Civil para coñecer as súas necesidades de cara ao 2021

A Xunta de Galicia destinou nos últimos anos máis de 12 millóns de euros a reforzar o material de emerxencias dos 43 equipos activos que hai na provincia

18/01/21 | 13:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica tramitou 118 denuncias nos 110 dispositivos levados a cabo esta fin de semana para vixiar o cumprimento das medidas ante a covid-19 en Galicia

Os axentes realizaron 490 inspeccións e identificaron a máis de 1.700 persoas, no marco do plan de actuacións específicas destinadas a evitar a propagación da covid-19

18/01/21 | 08:09 | C. do Medio Rural

Extinguido un incendio no concello ourensán de Entrimo que afectou o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés

Segundo as últimas medicións, o lume afectou unha superficie de 6 hectáreas rasas

12/01/21 | 16:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias visita a comisaria da Policía Autonómica en Vigo

A delegada territorial da Xunta en Vigo insiste na mellora operativa que suporá o traslado da sede actual á futura Cidade da Xustiza en canto rematen as obras

12/01/21 | 09:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta alerta dun episodio de temperaturas mínimas de nivel laranxa no sur da provincia de Ourense

Está tamén activada unha alerta amarela por temperaturas mínimas no suroeste da Coruña; na Mariña, centro e sur de Lugo; na zona do Miño en Ourense e Pontevedra e no interior da provincia de Pontevedra