Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Galicia rexistra un total de 11.627 casos activos por coronavirus
Un total de 592.696 pacientes xa están curados
Galicia continúa no desenvolvemento do XIDE coa creación de axendas de calidade propias para as unidades administrativas dos centros de saúde
Así o anunciou hoxe o xerente de Sergas na "Xornada sobre a xestión da demanda en atención primaria: compartindo experiencias", que contou coa asistencia de profesionais dos servizos de saúde de Galicia, Andalucía, Canarias, Cataluña e o País Vasco
Rueda salienta que a implantación de tres novas vacinas sitúa a Galicia como a Comunidade co calendario de vacinación infantil máis completo de España
Precisa que a vacina fronte a meninxite B implantarase a todos os nenos e nenas aos dous meses de idade, a finais de ano; e a vacina fronte ao virus do papiloma humano estenderase no vindeiro curso escolar a todos os varóns de 12 anos
Galicia rexistra un total de 11.458 casos activos por coronavirus
Un total de 591.848 pacientes xa están curados
Galicia rexistra un total de 12.974 casos activos por coronavirus
Un total de 588.803 pacientes xa están curados
Sanidade habilita a declaración de autotest positivo a través da aplicación 'SergasMóbil' e do número de teléfono 881 540 045
Desde a xornada de hoxe, as persoas que obteñan un resultado positivo poderán comunicalo ao Servizo Galego de Saúde dun xeito áxil e cómodo
A porcentaxe de participación nas probas da OPE do Sergas que se celebran hoxe supera o 78%
Coa realización destes exercicios conclúen as probas selectivas para cubrir un total de 680 prazas de 24 categorías/especialidades, que se iniciaron a fin de semana do 23 e 24 de abril e que se desenvolveron ao longo de seis xornadas de exame
A porcentaxe de participación nas probas da OPE do Sergas que se celebran hoxe supera o 75%
Este sábado están convocados un total de 2.687 aspirantes para a cobertura de 87 prazas de cociñeiro, mecánico, telefonista e terapeuta ocupacional, e 1.642 aspirantes están convocados mañá, para cubrir 95 prazas de electricista, pasador de ferro e técnico especialista de sistemas e tecnoloxías da información
A Xunta promoverá un pacto autonómico no Parlamento de Galicia para desenvolver o Plan de Obesidade Zero
O conselleiro de Sanidade en funcións, Julio García Comesaña, destaca o nivel de participación e de consenso do documento, o cal recibiu achegas dos eidos sanitario, social, político, científico, empresarial e de innovación
A Xunta construirá en Montederramo un novo centro de saúde que cuadriplicará a superficie do actual
O delegado territorial explicou que este centro de saúde aparece recollido na Fase 2 do Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria aprobado pola Xunta de Galicia en outubro do ano pasado