Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Medio ambiente:

20/10/21 | 14:42 | A Presidencia da Xunta

Feijóo reedita o compromiso co fermosismo galego reflectido nuns orzamentos para 2022 que incrementan un 53% a achega para o coidado da paisaxe, acadando os 5,6 millóns de euros

Incide en que a Xunta seguirá comprometida cunha Galicia verde e azul, a través da protección do medio ambiente, da loita fronte ao cambio climático, coa eficiencia enerxética e coa xestión de residuos

19/10/21 | 19:10 | A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza un investimento de 40 millóns nos orzamentos de 2022 para seguir avanzando no saneamento das rías galegas

Lembra que esta achega sumarase aos máis de 1.100 millóns destinados desde 2009 para garantir un servizo de auga e depuración en condicións, avanzar no saneamento integral das rías e mellorar a calidade das augas

19/10/21 | 12:36

A Xunta destinará en 2022 máis de 57 millóns de euros á rehabilitación de vivenda en Galicia, o maior orzamento da última década nesta materia

Ángeles Vázquez salienta que o orzamento destinado á recuperación de inmobles medra un 53% respecto da cifra do ano 2021

18/10/21 | 15:07

Medio Ambiente anima aos galegos a involucrarse na campaña solidaria 'Recicla por elas' para acadar un récord de recollida de vidro

Esta iniciativa, impulsada en colaboración con Ecovidrio, chega a 19 concellos nos que hai instalados 28 puntos de reciclaxe

18/10/21 | 14:27

A candidatura do Xeoparque do Cabo Ortegal sométese á deliberación do organismo que escollerá as propostas españolas deste ano

A responsable galega subliña a riqueza xeolóxica deste territorio como o seu principal aval e insiste na importancia de apostar por aquelas candidaturas con garantía de éxito

15/10/21 | 12:17

A Xunta e o grupo de arqueoloxía da Universidade de Vigo colaboran en Ons na busca de vestixios das relacións comerciais na época romana

A Consellería de Medio Ambiente e a institución académica impulsan unha segunda intervención arqueolóxica que dá continuidade aos traballos realizados en abril

14/10/21 | 15:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta adxudica en 477.500 euros a renovación do Centro de Fauna do Veral, que inclúe a construción dun novo edificio

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que se modernizan e reordenan as instalacións para mellorar a conexión entre dependencias e a eficiencia

14/10/21 | 12:06

A Xunta amplía ata os 920.000 € a orde de axudas á prevención de danos causados polo lobo para atender ás máis de 900 solicitudes recibidas

O Goberno galego destinou nos últimos seis anos 4,6 millóns de euros en subvencións para a adquisición e instalación de medidas preventivas fronte aos danos que ocasiona a especie, así como para indemnizacións

12/10/21 | 08:00

A Xunta recibiu preto de 7.000 solicitudes de información ambiental no último ano, a maioría delas relativas a residuos e calidade do aire

O medio de consulta máis empregado polos cidadáns é o teléfono, seguido do portal Gaia da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e do correo electrónico