Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 776 novas da área temática i+D+i:

02/02/21 | 12:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Xunta e Deputación de Pontevedra avanzan no modelo de xestión directa para os catro parques comarcais de bombeiros da provincia

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou na reunión na que se avaliou o informe da comisión de estudo técnico-xurídica encargada de redactar a memoria sobre o cambio de modelo de xestión do servizo

02/02/21 | 08:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa a alerta laranxa por choivas no suroeste da Coruña e nas Rías Baixas

Lémbrase a necesidade de extremar as precaucións, seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a web www.112galicia.org

01/02/21 | 13:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica tramitou 64 denuncias nos controis de medidas ante a covid-19 en Galicia

Leváronse a cabo 112 dispositivos con 597 persoas identificadas no marco do plan de actuacións específicas destinadas a evitar a propagación da covid-19

01/02/21 | 09:46 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu a 24 persoas por 21 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 29 de xaneiro, ata as 23,59 horas do domingo, 31 de xaneiro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 27 chamadas por accidentes de tráfico

31/01/21 | 16:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego

Alértase dun fenómeno meteorolóxico por mar combinada do noroeste con ondas de ata 7 metros en toda a costa, ademais de vento do oeste forza 8 mar adentro en Lugo e do suroeste forza 7 no noroeste da Coruña

29/01/21 | 15:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa unha alerta vermella no litoral noroeste e oeste da Coruña e no litoral de Lugo

No suroeste da Coruña e no litoral da provincia de Pontevedra activase unha alerta de nivel laranxa

28/01/21 | 12:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca que os 3 novos GES en Pontevedra permitirán mellorar a cobertura das emerxencias na provincia

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, explicaron hoxe a posta en funcionamento dos novos GES na provincia de Pontevedra a representantes da Deputación provincial e dos concellos sede destes grupos

25/01/21 | 14:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica tramitou 52 denuncias nos controis de medidas ante a covid-19 en Galicia

Leváronse a cabo 111 dispositivos con 355 persoas identificadas no marco do plan de actuacións específicas destinadas a evitar a propagación da covid-19

25/01/21 | 14:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta entrega tendas de campaña para emerxencias a agrupacións de Protección Civil da provincia de Ourense

O delegado territorial, Gabriel Alén, fixo entrega deste material cedido aos concellos ao abeiro da orde de axudas para equipamentos de emerxencias, que contou en 2020 cun investimento de 932.400 euros

23/01/21 | 12:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes