Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Xunta e Deputación de Pontevedra avanzan no modelo de xestión directa para os catro parques comarcais de bombeiros da provincia
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou na reunión na que se avaliou o informe da comisión de estudo técnico-xurídica encargada de redactar a memoria sobre o cambio de modelo de xestión do servizo
A Xunta activa a alerta laranxa por choivas no suroeste da Coruña e nas Rías Baixas
Lémbrase a necesidade de extremar as precaucións, seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a web www.112galicia.org
A Policía Autonómica tramitou 64 denuncias nos controis de medidas ante a covid-19 en Galicia
Leváronse a cabo 112 dispositivos con 597 persoas identificadas no marco do plan de actuacións específicas destinadas a evitar a propagación da covid-19
O 061 de Galicia asistiu a 24 persoas por 21 accidentes de circulación durante a fin de semana
Desde as 15,00 horas do venres, 29 de xaneiro, ata as 23,59 horas do domingo, 31 de xaneiro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 27 chamadas por accidentes de tráfico
A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego
Alértase dun fenómeno meteorolóxico por mar combinada do noroeste con ondas de ata 7 metros en toda a costa, ademais de vento do oeste forza 8 mar adentro en Lugo e do suroeste forza 7 no noroeste da Coruña
A Xunta activa unha alerta vermella no litoral noroeste e oeste da Coruña e no litoral de Lugo
No suroeste da Coruña e no litoral da provincia de Pontevedra activase unha alerta de nivel laranxa
A Xunta destaca que os 3 novos GES en Pontevedra permitirán mellorar a cobertura das emerxencias na provincia
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, explicaron hoxe a posta en funcionamento dos novos GES na provincia de Pontevedra a representantes da Deputación provincial e dos concellos sede destes grupos
A Policía Autonómica tramitou 52 denuncias nos controis de medidas ante a covid-19 en Galicia
Leváronse a cabo 111 dispositivos con 355 persoas identificadas no marco do plan de actuacións específicas destinadas a evitar a propagación da covid-19
A Xunta entrega tendas de campaña para emerxencias a agrupacións de Protección Civil da provincia de Ourense
O delegado territorial, Gabriel Alén, fixo entrega deste material cedido aos concellos ao abeiro da orde de axudas para equipamentos de emerxencias, que contou en 2020 cun investimento de 932.400 euros
A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal costeiro no noroeste da provincia da Coruña e no litoral lucense a partir deste mediodía
O resto do litoral galego atópase en nivel amarelo