Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1326 novas da área temática Economía:

05/02/22 | 12:57 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a figura de Ovidio Cadenas pola capacidade que tivo para facer da unión como unha constante da colectividade galega en Madrid

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participaron en Alcobendas na homenaxe póstuma a Ovidio Cadenas, que presidiu a Federación de Asociacións Galegas en Madrid

02/02/22 | 14:51 | C. de Economía e Industria

A nova xerente de Galicia Calidade visita en Moraña as empresas certificadas Celtic Estores e Vertifil

Ana Méndez mantivo encontros cos responsables destas compañías para coñecer as súas inquedanzas e propostas

02/02/22 | 13:34 | C. de Economía e Industria

A Xunta e Clusaga consolidan o seu compromiso co emprendemento a través de tres novas convocatorias da Business Factory Food ata 2024

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, destaca na Cidade da Cultura, durante o demoday da terceira edición desta aceleradora, a súa contribución á transformación sustentable e tecnolóxica do sector alimentario

01/02/22 | 14:01 | C. de Economía e Industria; C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza que a Comunidade conta xa con 23 proxectos que optan a formar parte da candidatura galega ao PERTE da saúde

Destas 23 iniciativas destacan 16 proxectos privados e público-privados, vinculados a empresas e centros de coñecemento como o Grupo Zendal, Televés, Everis ou a Fundación Kaertor, sobre vacinas, novos medicamentos ou a instalación de fábricas de produtos farmacéuticos na Comunidade

01/02/22 | 11:59 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o compromiso das empresas galegas que se reflicte na súa conciencia e sensibilidade cara ao seu entorno máis inmediato

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, interveu esta mañá en Santiago de Compostela na presentación da II Edición do Atlas Galego da Empresa Comprometida

31/01/22 | 13:28 | C. de Economía e Industria

A Xunta considera que Vitalmar é un exemplo da aposta que a cadea de valor mar-industria está realizando pola innovación e a economía circular

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou esta mañá as instalacións que a empresa ten en Castro de Rei

31/01/22 | 13:09

A Xunta impulsará a formación e profesionalización do sector da hostalería e o turismo durante o Xacobeo

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe en Santiago de Compostela unha xuntanza coa Confederación Empresarial de Hostalería e Turismo de Galicia na que abordaron este novo marco de colaboración

30/01/22 | 11:12

A Xunta investirá en 2023 máis de 1,2 M€ nas axudas para impulsar nas empresas de inserción a contratación de preto de 145 persoas en risco de exclusión social

A Administración galega aumentará nun 25% estes apoios dirixidos á contratación e a favorecer a creación de empresas de inserción

29/01/22 | 10:07 | C. de Economía e Industria

Conde e o alcalde do Irixo avanzan en novos proxectos para apoiar os emprendedores e empresarios locais

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro co alcalde do municipio ourensán, Manuel Cerdeira, no que destacaron a oportunidade que suporá o novo ‘coworking’ impulsado polo Igape para dinamizar a economía da Mancomunidade do Carballiño