Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Fabiola García sinala que as casas do maior consolidaron en toda Galicia un modelo de envellecemento "de proximidade, extenso e da máxima calidade"
Na actualidade existen 83 centros deste tipo por toda a Comunidade que ofrecen 415 prazas de atención diúrna a persoas maiores
A Xunta sinala que o PEF da Barbanza converteuse en só un ano nunha realidade e beneficiará a ducias de familias da comarca
Con este Punto de Encontro Familiar amplíase a rede autonómica, que actualmente tan só tiña presenza nas sete cidades
O autobús de Coidados Porta a Porta chega a Castrelo de Miño para ofrecer servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria aos maiores
Estará durante tres días atendendo de xeito gratuíto ás persoas maiores de 55 anos
Galicia avanza na atención sanitaria e social coa creación en Mos dun complexo sociosanitario pioneiro, dotado cun centro de saúde, unha residencia, un centro de coidados intermedios e unha escola infantil
“Mos converterase en referencia co primeiro centro de coidados intermedios. O antigo edificio do Rebullón será a plasmación física da aposta por un proxecto ambicioso e multidisciplinar”, afirma o presidente da Xunta
O Programa coidados Porta a porta atendeu máis de 850 persoas das catro provincias nos seus primeiros 15 días en funcionamento
Os autobuses despregados pola Xunta de Galicia polas catro provincias ofrecen servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria para as persoas maiores
A Xunta estende o programa Xantar na casa ao concello da Pobra de Trives
Beneficiará inicialmente a 15 veciñas e veciñas do municipio ourensán, coa posibilidade de que sexan máis se existe unha demanda maior
A Xunta renova o compromiso de colaboración con Asfega para a celebración da súa xornada de convivencia anual
A entidade celebra un encontro na Residencia de Tempo Libre do Carballiño para avanzar na concienciación e sensibilización destas enfermidades metabólicas
Fabiola García anuncia a creación dunha oficina itinerante de información para persoas refuxiadas da guerra en Ucraína
Esta unidade móbil comezará a funcionar a vindeira semana e achegará información á poboación ucraína sobre que servizos están á súa disposición e sobre como regular a súa situación na nosa Comunidade
A Xunta de Galicia pide ao Goberno central que estableza criterios homoxéneos sobre as medidas de protección para os menores procedentes de Ucraína
O Goberno galego tamén instou á Administración estatal a facilitar previsións de chegada das nenas, nenos e adolescentes non acompañados que cheguen do país a causa da guerra iniciada por Rusia