Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 773 novas da área temática Xacobeo:

13/07/21 | 20:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez salienta a oportunidade que brinda o Xacobeo para promover o intercambio cultural

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade participa na inauguración dunha exposición no Pazo de Fonseca dedicada ao artista e arquitecto italiano Piraseni

13/07/21 | 11:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Alfonso Rueda destaca a recuperación do turismo coa chegada de case 35.000 peregrinos este ano

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou no Foro Turismo de Europa Press, no que salientou campañas como a tarxeta do bono turístico ou o seguro coronavirus para incentivar a demanda

12/07/21 | 20:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez chama a reivindicar o valor natural e artístico da Ribeira Sacra para amplificar aínda máis a imaxe deste privilexiado enclave

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade acompañou á antropóloga Mar López na presentación da obra ‘Esgrafiados na Ribeira Sacra e o Camiño de Santiago. Obras de arte e simbolismo nas paredes’

12/07/21 | 18:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e Concellos do Camiño Portugués da Costa valoran positivamente a puxanza deste itinerario

O director de Administración e Relacións coas Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, Ildefonso de la Campa, mantivo un encontro cos edís deste itinerario

12/07/21 | 14:42 | A Presidencia da Xunta

Feijóo traslada o orgullo e a responsabilidade de acoller a rede social máis antiga, máis integradora e a que máis perdura ao longo dos séculos

Destaca que Galicia está preparada para que o Xacobeo 21-22 sexa o mellor da historia: “Somos un pobo diverso que quere seguir crecendo e dando a benvida. Neste dobre Ano Santo todos son benvidos e todos están invitados”

09/07/21 | 15:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo enxalza a contribución da nova iluminación interior da Catedral de Santiago para celebrar un Ano Santo bienal cunha intensidade renovada desde o seu epicentro máis emblemático

Destaca que este sistema -con novas lámpadas e emisores led- desenvolve todo o potencial estético do templo sen substituír á luz natural, baseándose en tres preceptos: compromiso pola sustentabilidade, respecto pola relixiosidade e desenvolvemento cultural

09/07/21 | 14:49 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda recibe a Michelle Miron, do histórico centro español “La Nacional” de Nova York, ao remate do Camiño que realizou na honra do seu avó galego

O secretario xeral da Emigración agradeceu a representante deste histórico centro español con gran presencia de galegos, o seu interese por celebrar o Xacobeo, regresando así a Galicia tras 16 meses sen poder viaxar

09/07/21 | 12:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta firma un convenio con Bodegas Vivanco para que se sume á lista de patrocinadores do Xacobeo

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, agradeceu a aposta da bodega polo Xacobeo e reafirmou os lazos que unen a Galicia coa Rioxa a través do Camiño

08/07/21 | 16:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A música emerxente toma a praia baionesa da Barbeira no marco do programa de “O teu Xacobeo”

A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, presidiu hoxe a presentación do Barbeira Season Fest, no que os galegos Los Marcianos, Baiuca, Moura e Kings of the Beach compartirán escenario con Viva Suecia, unha das bandas máIs representativas do indie nacional