Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1231 novas da área temática Turismo:

16/11/21 | 13:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a volta ciclista “O Gran Camiño” como escaparate do Xacobeo e de Galicia como destino seguro

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e Ezequiel Mosquera como representante de EZE Mosquera Events, asinaron un convenio de colaboración para a celebración da carreira que terá lugar do 24 ao 27 de febreiro do 2022

16/11/21 | 11:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta ratifica o apoio á marca Enoturismo Galicia como ferramenta de recuperación deste segmento

A directora de Turismo de Galicia participou na presentación da nova campaña de promoción desta marca paraugas impulsada conxuntamente polas cinco Rutas do Viño de Galicia, o Clúster Turismo de Galicia e a Xunta.

15/11/21 | 20:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor o potencial do destino ría de Vigo-Baixo Miño no que se inxectará 60.000€ este ano para o seu desenvolvemento turístico

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, mantivo un encontro de traballo co ente xestor e o sector no que se informou do convenio de colaboración asinado coa entidade ao que a Xunta destina 48.000€

15/11/21 | 17:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca as Mariñas Coruñesas como exemplo de aposta polo desenvolvemento do turismo sostible

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou nunha xornada do plan Formativo Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas, encadrado no marco do convenio asinado coa Xunta que permitirá mobilizar este ano 50.000€ no territorio

15/11/21 | 14:58 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta amplía o grupo de traballo da candidatura da Ribeira Sacra para incorporar novos perfís

Isabel Aguirre, directora da Escola Galega de Paisaxe; Felipe Criado, director do Incipit, e os catedráticos da USC, Lorenzo Fernández Prieto e Rubén Lois procurarán novos e complementarios argumentos e xustificacións que permitan conseguir o máximo recoñecemento da Unesco

15/11/21 | 13:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia o proxecto do xeodestino da ría de Muros e Noia para optar aos fondos dos plans de sustentabilidade turística en destino

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe na presentación da iniciativa promovida pola Asociación Rural de Desenvolvemento da Ría Muros-Noia que integra aos concellos de Muros, Noia, Lousame, Porto do Son e Outes do xeodestino

13/11/21 | 15:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta resalta o papel protagonista do enoturismo como elemento de recuperación do sector turístico

A directora de Turismo de Galicia destacou a relevancia desta tipoloxía de turismo, que encaixa perfectamente no novo escenario turístico poscovid ao impulsar experiencias turísticas en espazos abertos, en contacto coa contorna

13/11/21 | 13:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia o proxecto do concello de Marín para optar aos fondos dos plans de sustentabilidade turística en destino

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe na presentación da iniciativa do Concello de Marín, un dos nove proxectos considerados aptos pola Xunta e polo Goberno central que aspiran a acadar 14,6 M€ dos fondos europeos Next Generation

13/11/21 | 11:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta achega 56.000 euros para avanzar nas iniciativas turísticas da Mariña durante este ano

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que se financian accións do Xeodestino como a promoción do Turismo slow, as rutas de artesanía ou as audioguías ficcionadas

12/11/21 | 15:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Plan Galicia Destino Seguro 2021-2023 prevé un impacto na economía galega de preto de 950 M€ en tres anos

Nos actos de conmemoración do 40º aniversario da Confederación de Empresarios de Galicia, o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor a colaboración público-privada para saír da crise