Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Medio ambiente:

04/11/21 | 15:18 | A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza o impulso da primeira Lei de áreas empresariais de Galicia que nace co obxectivo de axilizar e flexibilizar a creación de solo empresarial

Salienta que se creará o Plan estruturante de solo empresarial para desenvolver o solo cando sexa de titularidade pública de interese autonómico

03/11/21 | 12:26 | A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta o avance de Galicia na aposta polo urbanismo responsable cun millón de galegos que viven en 111 concellos cun PXOM actualizado

Afirma que coa aprobación definitiva do seu plan, Folgoso do Courel abre unha nova etapa, cunha ordenación urbanística con capacidade para tutelar o asentamento de ata 1.400 veciños durante, polo menos, as vindeiras dúas/tres décadas

02/11/21 | 13:32

Galicia participará no Cumio do Cambio Climático de Glasgow, COP26

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, ratificará o vindeiro domingo a adhesión da Comunidade galega á Coalición Under2, para avanzar na redución das emisións de gases efecto invernadoiro

02/11/21 | 12:48

A Xunta destinou máis de 20 M€ en tres anos a axudar a 10.500 familias galegas a mellorar e facer máis accesibles as súas vivendas

A provincia pontevedresa concentra a terceira parte dos inmobles que desde 2019 se beneficiaron do programa do Instituto Galego da Vivenda e Solo para o fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade de vivendas

29/10/21 | 16:38

Galicia destina máis de 7,5 millóns de euros a 56 proxectos para a protección e recuperación da biodiversidade mariña

Destas achegas, financiadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, benefícianse as confrarías de pescadores, organizacións de produtores, cooperativas do mar e asociacións de profesionais do sector

25/10/21 | 14:23

Medio Ambiente xestionará 445,3 M€ en 2022, un 20% máis, co obxectivo prioritario de facilitar o acceso á vivenda aos galegos

Ángeles Vázquez avanza unha nova medida para garantir un fogar á mocidade: a concesión dun aval por parte do Goberno galego para adquirir por primeira vez unha vivenda en propiedade

23/10/21 | 12:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Ribeira Sacra abre unha nova fase na súa candidatura a Patrimonio Mundial

O conselleiro de Cultura e representantes do Ministerio de Cultura reuníronse por videoconferencia con Icomos para seguir avanzando no futuro deste territorio

22/10/21 | 12:42

A Xunta enxalza o labor do sector pesqueiro na loita contra o lixo mariño e salienta a implicación de confrarías como a de Noia

O Executivo galego subliña o crecente compromiso do sector nun eido fundamental para preservar a economía local das zonas costeiras e garantir o futuro das novas xeracións

21/10/21 | 22:14 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo pide á vicepresidenta Ribera reorientar a transición enerxética cara a unha transición xusta, inclusiva e ordenada que dea seguridade aos preto de 15.000 empregos en perigo en Galicia

No tocante a unha transición xusta, propón que do fondo que lle corresponde á Comunidade neste eido, é dicir 111 millóns de euros, Galicia poida ter un 10% adicional na intensidade das axudas, ao igual que as comunidades autónomas cun nivel de renda per cápita inferior