Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta activa a nova liña de axudas para a fabricación de produtos de prevención e loita contra a covid-19 nos eidos laboral e sanitario
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe esta iniciativa dotada con 5 millóns de euros que impulsará a produción en Galicia de medicamentos, tratamentos, test de diagnóstico e equipos hospitalarios e médicos, con apoios de ata 800.000 euros
Conde anima ás pemes e autónomos de Mos a dixitalizarse para saír reforzados ante o novo contexto económico
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, informou nun webinario organizado pola Asociación de Empresarios de Mos do Plan de dixitalización impulsado pola Xunta, que vai mobilizar 40 millóns de euros
A Xunta avalía coa industria forestal novas oportunidades para contribuír á reactivación do sector en Galicia
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe nun webinario con representantes da industria forestal, no que se presentaron os resultados dunha enquisa realizada coa colaboración da Universidade de Vigo para coñecer a situación do sector no contexto actual marcado polo covid-19
A Xunta solicita ao Goberno que na mesa do diálogo social con sindicatos e empresarios priorice as solucións para a industria electrointensiva
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, reuníronse esta mañá cos representantes do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, aos que lles reiteraron o apoio da Administración autonómica
Conde subliña que as empresas máis dixitalizadas e con maior capacidade para innovar teñen máis alternativas de resposta ante o novo contexto económico
Destaca que un dos principais retos que o tecido industrial ten por diante é compatibilizar a rendibilidade e a competitividade das empresas coas novas condicións de produción e traballo que trae consigo a situación actual
A Xunta solicita ao Goberno que reaccione e achegue estabilidade aos traballadores de Alcoa San Cibrao e da industria auxiliar
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, pide no Parlamento que se atendan as alegacións remitidas por Galicia para desbloquear o Estatuto para os consumidores electrointensivos e fixar un prezo eléctrico estable e competitivo
Feijóo constata o labor fundamental dos profesionais do mar no abastecemento de alimentos de calidade á cidadanía durante a crise do coronavirus
Os profesionais do sector fixeron un importante esforzo para manter o nivel de actividade coa estrita aplicación das medidas de prevención ditadas polas autoridades sanitarias ante a alerta da COVID-19
A Xunta ve na conciliación, o teletraballo e a formación a fórmula para compatibilizar a competitividade empresarial coas novas condicións de produción que fixa o contexto actual
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou nun encontro telemático do programa Mulleres Protagonistas
A Xunta pon en marcha un programa pioneiro en Galicia para formar a 1200 autónomos en comercio electrónico e novas canles online
A iniciativa Autónomos dixitais forma parte das medidas que se están deseñando dentro do Plan de reactivación económica
A Xunta avalía con Asemaco medidas de prevención e seguridade laboral na volta á actividade
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro coa Asociación de Empresarios de Materiais para a Construción (Asemaco), dentro da rolda de contactos cos diferentes axentes económicos