Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 559 novas da área temática i+D+i:

26/11/20 | 11:47 | C. de Economía e Industria

A aceleradora BFAero escolle 28 proxectos finalistas do sector aeronáutico que optan ás sete prazas da súa terceira edición

O Comité Executivo do programa impulsado pola Xunta de Galicia anunciará as sete candidaturas gañadoras o vindeiro 1 de decembro

24/11/20 | 12:48 | C. de Economía e Industria

A Xunta fomenta a participación de pemes galegas como Edafotec no programa marco de I+D+i da Unión Europea para impulsar a internacionalización do sistema galego de innovación

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, visitou esta mañá a peme viguesa Edafotec que está a desenvolver co apoio da Xunta un proxecto de innovación recoñecido co selo de excelencia da Comisión Europea

20/11/20 | 15:19 | C. de Economía e Industria

A dixitalización das pemes galegas, obxectivo prioritario para a Xunta de Galicia

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, explicou na visita á empresa vilalbesa Pelé Design & Retail que a transformación dixital do tecido empresarial é un dos principais retos do Goberno galego

17/11/20 | 13:42 | C. de Economía e Industria

A Xunta aposta polo traballo conxunto a través da I+D+i para fortalecer a competitividade do tecido produtivo e mellorar o benestar social

Conde destaca que desde Galicia se busca dar un maior impulso á colaboración público-privada, fundamental para os proxectos que optan aos fondos europeos Next Generation

11/11/20 | 14:42 | C. de Economía e Industria

O Polo Aeroespacial de Galicia acolle as probas finais de voo do Targus, o avión opcionalmente pilotado de Indra e Xunta

A aeronave está pensada para dar apoio en misións de busca e rescate, extinción de incendios, protección medioambiental e do territorio e control de usos do solo

08/11/20 | 12:34 | C. de Economía e Industria

A Xunta mantén aberta ata o 9 de decembro a convocatoria dos primeiros Premios Galicia de Innovación e Deseño

Os galardóns, convocados a través da Axencia Galega de Innovación, buscan o recoñecemento de profesionais e empresas referentes no desenvolvemento económico e social en Galicia a través da innovación e o deseño

05/11/20 | 16:41 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A directora da Amtega destaca a importancia da colaboración entre institucións para abordar os retos en materia de confianza digital

Mar Pereira inaugurou hoxe a última xornada do II Foro Cybersec@gal, centrado nos riscos do teletraballo

05/11/20 | 16:23 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza a creación dunha comisión interdepartamental para "potenciar e coordinar" a investigación e a innovación da Comunidade

Destaca que o organismo crearase para perfeccionar a coordinación dos distintos departamentos da Xunta á hora de planificar obxectivos, levar a cabo proxectos e executar os fondos nesta materia

05/11/20 | 15:17 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

O programa GIRL STEM entrevista a Begoña Vila, astrofísica galega na NASA

Trátase da primeira das seis conversas que se programarán ao longo desta edición

05/11/20 | 14:41 | C. de Economía e Industria

A Xunta forma na aceleradora Connect-19 a pemes na mellora das competencias comerciais de produtos e servizos innovadores

As actividades formativas, que rematan hoxe, forman parte do programa de aceleración da comercialización de solucións innovadoras para a covid-19