Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 776 novas da área temática Emerxencias:

09/02/21 | 08:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal costeiro no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra a partir desta tarde

Lémbrase a necesidade de extremar as precaucións, seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a web www.112galicia.org

08/02/21 | 14:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta entrega tendas de campaña de emerxencias ás Agrupacións de Protección Civil de Lalín, Caldas de Reis, Valga, Cambados e Tomiño para reforzar á atención cidadá

Estas concesións enmárcanse na orde de axudas para equipamentos, que beneficiou a 15 municipios da área territorial e 87 de toda Galicia cun investimento global de 932.000€

08/02/21 | 13:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta entrega equipamento de emerxencias a trece concellos da provincia para as Agrupacións de Protección Civil

Entre o material figuran seis tendas de campaña, dous esparexedores de sal, tres coitelas para a retirada de neve, un remolque e unha embarcación pneumática

08/02/21 | 13:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica tramitou 62 denuncias nos controis de medidas ante a covid-19 en Galicia

Leváronse a cabo 106 dispositivos con 485 persoas identificadas no marco do plan de actuacións específicas destinadas a evitar a propagación da covid-19

08/02/21 | 12:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias entrega tendas de campaña ás agrupacións de Protección Civil de Cangas e O Porriño para reforzar as intervencións

A entrega destes equipos, tal e como informou a delegada territorial, enmárcase na orde de axudas para equipamentos de emerxencias, nas que a Xunta investiu o ano pasado 932.400 euros para reforzar os recursos das agrupacións de 87 concellos

08/02/21 | 10:24 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu a 22 persoas por 20 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 5 de febreiro, ata as 23,59 horas do domingo, 7 de febreiro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 23 chamadas por accidentes de tráfico

05/02/21 | 17:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica levanta unha acta de infracción nun local de hostalería de Ourense e outra nun establecemento comercial de Vigo por infrinxir a normativa relacionada coa covid-19

Os axentes realizaron unha inspección nun establecemento hostaleiro do concello ourensán de San Cibrao das Viñas, onde detectaron que se estaba a dar servizo de comidas a persoas que non se atopaban hospedadas no hotel

05/02/21 | 12:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta entrega a 8 concellos da provincia de Ourense material para mellorar a capacidade de resposta fronte ás nevaradas

O delegado territorial da Xunta en Ourense participou esta mañá no Polígono de Barreiros na entrega de esparelladores de sal ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) dos concellos de Baños de Molgas, Barbadás, Cortegada, Maceda, Muíños, Petín, A Pobra de Trives e Xunqueira de Ambía

04/02/21 | 12:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor entregou as tendas de campaña para emerxencias a 19 agrupacións de Protección Civil da provincia

O delegado da Xunta informou que ata o 19 de febreiro está aberta a convocatoria da orde de axudas para gastos de funcionamento das agrupacións de protección civil

02/02/21 | 14:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal costeiro no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra a partir desta tarde

Lémbrase a necesidade de extremar as precaucións, seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a web axega112.gal