Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta destaca o compostelán Noroeste Obradoiro como exemplo de deseño e innovación nos oficios artesanais
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron esta mañá a tenda taller, gañadora do Premio Nacional de Artesanía 2021 na categoría Produto
Conde apela á planificación e ao traballo coordinado de empresas e administracións para impulsar a transformación sustentable e dixital de Galicia
Pon en valor o xeito en que a economía galega está respondendo ao impacto da pandemia, con cifras récord en exportacións e no Índice de Produción Industrial
A Xunta apoia o novo proxecto de melloras tecnolóxicas, sanitarias, produtivas e ambientais de Cabomar Congelados cunha achega de 755.000€
O delegado territorial, Luis López, acompañado da alcaldesa de Marín, María Ramallo, e do presidente do Porto de Marín, José Benito Suárez, realizou unha visita á empresa para supervisar esta nova acción de modernización
Galicia ultima a súa Axenda de Emprendemento para impulsar iniciativas que permitan avanzar na innovación, a dixitalización e a sostibilidade
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, sinala no I Foro de Emprendemento do Noroeste, impulsado pola Asociación para el Progreso de la Dirección (APD), que esta folla de ruta potenciará a transferencia de coñecemento ao mercado e prestará especial atención ao emprendemento feminino
A Xunta inicia hoxe o contacto con máis de 300 expertos para presentar as principais liñas do Plan Estratéxico de Galicia 2021-2030
Os participantes son recoñecidos expertos de diferentes eidos profesionais relacionados cos eixes do plan, como o social, o académico ou o empresarial
Galicia reduce as tarifas da Inspección Técnica de Vehículos en preto dun 1,5% para este ano 2022
O acordo alcanzado pola Xunta coa concesionaria supón evitar que os consumidores teñan que asumir o incremento do IPC -do 6,5% en 2021-, ao mesmo tempo que permite encadear dous exercicios consecutivos de baixadas nos prezos
A Xunta presenta a máis de 300 expertos as principais liñas do Plan Estratéxico de Galicia 2021-2030
As xornadas de presentación celebraranse mañá luns e o martes, 8 de febreiro de forma telemática
Galicia mobiliza 13,6 M€ para impulsar a transformación dixital de máis de 200 pemes galegas
A Xunta achega preto de 7M€ en axudas para facilitar a modernización e a mellora da súa competitividade, promovendo investimentos en equipos e software
A Xunta e os clústeres da madeira, a lousa e o granito avalían novas vías de colaboración para impulsar estes materiais autóctonos
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro cos representantes destas organizacións empresariais para buscar sinerxías na utilización destes produtos sostibles en eidos como a construción
A Xunta anima ás asociacións de veciños, mulleres rurais e comunidades de augas a solicitar as axudas de 3M€ para mellorar as instalacións e os equipamentos destas entidades
As subvencións financian obras de mellora e equipamento, cun límite de 12.000 euros no primeiro caso e 5.000 no segundo
As entidades teñen ata o luns 14 de febreiro para presentar as súas solicitudes