Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A tarxeta Xente Nova comezará a emitirse mañá nos concellos da área de Pontevedra, onde os menores de 21 anos poderán empregala desde o vindeiro 15 de xuño
Uns 1.000 mozos de Marín poderán beneficiarse deste dispositivo, que permite que os menores de 21 anos viaxen gratis no transporte público dependente da Xunta
A campaña 'Vai de Peixe' anima aos 'millennials' galegos a escribir relatos curtos sobre os produtos do mar mediante o concurso 'Vai de Letras'
Esta iniciativa, que coincide no seu lanzamento coa semana de celebración do Día das Letras Galegas, pretende incentivar a creatividade da xente nova e ampliar o seu coñecemento sobre os recursos mariños de Galicia
O programa Talento Mozo leva ás redes sociais historias de éxito de mozas e mozos galegos
Cada xoves realizarase unha charla con persoas destacadas en ámbitos como o deporte, a música ou a creación
As mellores mensaxes de Lingua de Namorar 2020 xa teñen premio
“Retórica” (Nee Barros, Marín), “Primavera” (Ana Loureiro, Caldas de Reis), “Ao altar” (María Femenías, Foz), “Ataraxia” (Leticia Cid, San Cibrao das Viñas), “Un vinilo dos Dire Straits” (Denís Vicente, A Guarda) e “Fuxitivas” (Silvia Pérez, A Guarda) fixéronse cos galardóns da novena edición
Política Social pon en marcha un cuestionario á disposición da mocidade para coñecer as súas inquedanzas e propostas ante o COVID-19
Con esta medida o Goberno galego pretende promover a participación da xuventude na sociedade e na mellora de programas e actividades
A Xunta oferta un plan de formación de xuventude e voluntariado durante a emerxencia sanitaria do COVID-19
Estará formado por 18 cursos en liña, cun total de 1250 prazas, orientados á formación básica e especializada
Ángeles Vázquez salienta que as xeracións mozas actuais son o factor clave da dimensión social contra o cambio climático
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda destaca que os mozos de hoxe coñecen o punto no que se atopa o planeta, saben do potencial de Galicia e teñen ao seu alcance as ferramentas para mitigar os efectos e conseguir nun futuro próximo un planeta neutro, ou non será
Mañá abre o prazo para que a mocidade solicite as axudas para o pago do permiso de conducir de coche e camión
A subvención será de 400 euros para o carné de tipo B e 650 para o de tipo C
Comeza a fase clasificatoria da undécima edición do programa Parlamento Xove na categoría de secundaria
O tema de debate deste ano é ‘¿Deberían incrementarse as sancións para as persoas e empresas que non respecten o medio ambiente?’