Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1326 novas da área temática Economía:

17/02/22 | 16:09 | A Presidencia da Xunta

A Xunta ofrece un novo programa para mellorar as competencias dixitais e o emprendemento das galegas que viven no rural cun orzamento inicial de 5,2 M€

Feijóo salienta que vai dirixido preferentemente a mulleres desempregadas e con residencia en municipios de menos de 30.000 habitantes

17/02/22 | 16:07 | A Presidencia da Xunta

Feijóo trasladará ao Goberno na Conferencia de Presidentes a proposta de compartir a responsabilidade de execución dos fondos europeos Next Generation

Asevera que do total dos fondos que Europa destina a España, o Goberno resérvase 7 de cada 10 euros, e, dos máis de 11.400 M€ repartidos no 2021, o 21% distribuíronse fóra das conferencias sectoriais

17/02/22 | 11:19 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo pide ao Goberno corrixir a lentitude e a pouca cogobernanza no reparto dos fondos Next Generation para non perder "unha oportunidade histórica"

Recorda que, se ben hai proxectos tractores nacionais que debe xestionar o Executivo central; hai outros proxectos territoriais que requiren un reparto moito máis rápido e eficiente, ante a necesidade de cumprir as anualidades comprometidas en Europa para poder executalos

16/02/22 | 15:45 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta que o Goberno só foi capaz de resolver o 20% dos fondos Next Generation destinados directamente ás empresas en 2021 e urxe máis axilidade e cogobernanza no reparto

Incide en que os fondos europeos para a reactivación económica son unha oportunidade histórica; “e este atasco -afirma- pon en perigo unha recuperación rápida e eficaz”

16/02/22 | 12:52 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre unha nova liña de axudas para a mellora dos espazos termais de uso recreativo

O videpresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, informou nunha visita ás termas de Cenlle (Ourense) da nova convocatoria, dotada cun millón de euros e aberta ata o 11 de marzo

15/02/22 | 13:39 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta en París a aposta do sector vitivinícola galego pola calidade e a internacionalización

O director do Igape, Fernando Guldrís, subliña, no marco da Feira Vinexpo, que esta é unha das industrias máis dinámicas e internacionalizadas da economía agraria de Galicia, e pon en valor a boa marcha das exportacións galegas

15/02/22 | 12:36 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo pide unha cogobernanza responsable dos fondos europeos para que supoñan unha oportunidade "histórica"

Incide en que a lentitude no reparto pode conlevar a unha ineficacia non menor e a un desaproveitamento das oportunidades

15/02/22 | 09:12

O lecer nocturno poderá optar a axudas de entre 2.500 e 45.000 euros polos peches do pasado fin de ano

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria dos apoios dirixidos aos negocios que optaron polo peche entre o 31 de decembro e o 3 de xaneiro pasados

14/02/22 | 13:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias visita un dos 9 establecementos beneficiarios en Vigo das axudas para a modernización e renovación das súas instalacións

A delegada da Xunta en Vigo informou que o Goberno galego financiou ao abeiro desta orden obras na cidade por un importe conxunto de preto de 132.000 euros

12/02/22 | 12:45 | C. de Economía e Industria

A Xunta de Galicia participa en Málaga no principal encontro de I+D+i do sur de Europa

Contará cun mostrador propio no evento, ao que acudirá acompañado de varios axentes do sistema galego de innovación, e intervirá en varias sesións do programa de innovación internacional