Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

26/07/22 | 13:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O protocolo de colaboración en materia de política lingüística reúnese en Santiago

Os representantes de Galicia, Euskadi, Cataluña, Illas Baleares, Navarra e a Generalitat Valenciana celebraron a súa reunión ordinaria anual para facer seguimento e coordinar accións conxuntas

26/07/22 | 13:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Compostela Tradfest celebra co apoio da Xunta a música galega de raíz e mais o baile e canto populares

O director de Industrias Culturais participou na presentación do evento, que terá lugar o 31 de xullo cun concerto de Xisco Feijóo na praza da Quintana, ruadas e actuacións dunha ducia de formacións artísticas en distintos escenarios da cidade

26/07/22 | 13:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Fernández-Tapias celebra a creación da asociación cultural Évame para conmemorar o centenario do nacemento de Carlos Oroza

A delegada territorial da Xunta en Vigo mantivo unha reunión cos fundadores da recentemente creada agrupación que convocará os premios co nome do escritor

23/07/22 | 21:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Valentín García salienta a capacidade do Xacobeo Clarinet Fest para divulgar ao gran público o papel da música instrumental na nosa cultura

O secretario xeral de Política Lingüística asiste á clausura da terceira edición do festival que reuniu na capital do Deza a recoñecidos clarinetistas, directores de orquestra e pianistas

22/07/22 | 13:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsa os novos espectáculos de 28 compañías profesionais galegas a través da súa liña de axudas á creación escénica

Sete propostas de formacións de recente fundación, cinco pezas de danza e 15 proxectos de teatro, maxia e novo circo repártense os 800.000 euros que a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades destina a estas subvencións

22/07/22 | 13:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A xira mundial de Rosalía “Motomami” chegará ao Coliseum o 29 de xullo da man dos concertos do Xacobeo

O delegado da Xunta lembrou que dous días antes de Rosalía, o mércores 27, no Coliseum, Concertos do Xacobeo estará con Simple Minds

21/07/22 | 15:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia o Festival Sinsal 2022 na illa de San Simón a través da marca Fest Galicia e das subvencións a eventos musicais profesionais

A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, visitaron a montaxe dos escenarios