Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 589 novas da área temática Auga:

03/11/20 | 13:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta asina o convenio de colaboración cos concellos de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña en compensación pola explotación do encoro do Umia, por un importe de preto de 400.000 euros

Os tres concellos benefícianse anualmente desta achega económica para o financiamento de actividades educativas e sociais nos seus municipios

02/11/20 | 14:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto de construción dunha canle de desaugadoiro do río Anllóns, na zona de Muíño do Quinto do Concello de Carballo

Este contrato, cun investimento autonómico de preto de 18.000 euros, conta cun prazo de execución de 6 semanas

02/11/20 | 14:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
28/10/20 | 14:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza no treito interurbano do rego dos Muíños, no concello de Miño

As tarefas desenvólvense nun treito de máis de medio quilómetro de lonxitude ao seu paso pola parroquia de Perbes

25/10/20 | 11:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta concede 54 axudas para o desenvolvemento de proxectos de mellora da calidade da auga das traídas veciñais, cun investimento de 555.000 euros

Trátase da primeira da liña de axudas impulsada pola Xunta, dirixida á mellora dos sistemas de abastecemento xestionados por comunidades de usuarios

23/10/20 | 15:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a consulta pública a revisión dos mapas de risco de inundación da demarcación hidrográfica Galicia-Costa para o ciclo 2021- 2027

Establécese un período de tres meses, que comezarán a contar desde mañá, no que se poderá consultar os mapas a través do visor da web de Augas de Galicia e realizar as achegas correspondentes

22/10/20 | 14:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza nas actuacións na potabilizadora municipal de Pontedeume coa fin de mellorar o funcionamento do sistema de abastecemento

O Goberno galego investirá 1,5 M€ na emerxencia do río Eume e no abastecemento de Pontedeume, destinando a maior parte á modernización da estación de tratamento de auga potable municipal

21/10/20 | 14:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
21/10/20 | 11:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza no treito interurbano do Rego do Cal, ao seu paso polo concello de Muras

As tarefas desenvólvense en dous tramos do rego, ao longo de algo máis de medio quilómetro, e inclúen a retirada de árbores e pólas caídas na canle e a roza selectiva en tramos con maleza

20/10/20 | 14:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta repercutirá á empresa que explota o encoro do Eume os gastos derivados da emerxencia do río e do abastecemento de Pontedeume

A Consellería de Sanidade levantou esta mañá as restricións sobre o consumo de auga do abastecemento