Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1231 novas da área temática Turismo:

30/11/21 | 13:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia na provincia da Coruña 257 proxectos do Plan 'O teu Xacobeo' para estender a programación sociocultural do Ano Santo a toda a sociedade

O delegado territorial, Gonzalo Trenor destacou a transversalidade da iniciativa que permite alcanzar o obxectivo desestacionalizador e descentralizador co que se abordou a adaptación da programación deste Xacobeo

28/11/21 | 14:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o potencial de Galicia como destino para o turismo deportivo con eventos como o Rallymix de Portas

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, asistiron ao evento deportivo xunto co alcalde Ricardo Martínez

26/11/21 | 19:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A aceleradora de proxectos turísticos da Xunta avalía aos 10 finalistas no “Investors Day”

A directora da Axencia Turismo de Galicia participou na xornada na que o grupo de investidores e empresas tractoras da iniciativa do Goberno galego avalían as potencialidades dos proxectos innovadores finalistas, xa acelerados

26/11/21 | 14:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López destaca os “grandes avances” na desestacionalización do turismo en Galicia nas XIX Xornadas Gastronómicas da Centola do Grove

O delegado territorial participa, xunto ao alcalde, José Cacabelos, na cata de maridaxe entre a centola e o viño albariño organizada por Emgrobes no marco da exaltación culinaria

25/11/21 | 20:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta propón desenvolver o Camiño Mozárabe - Vía da Prata con fondos europeos e no ámbito nacional

Representantes turísticos de Galicia, Andalucía, Estremadura e Castela e León participaron no Encontro de Comunidades Autónomas do Camiño de Santiago pola Vía da Prata que se celebra hoxe e mañá en Sevilla

24/11/21 | 13:42 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez ve a moeda conmemorativa do Xacobeo 21-22 como un símbolo do intercambio que representa o Camiño

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade participa na presentación da peza acuñada pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre

24/11/21 | 13:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia confirma en outubro o ritmo de recuperación da demanda turística, 15 puntos mellor ca do Estado

Galicia sitúase xunto a Asturias á cabeza da recuperación turística no acumulado do ano tanto no que se refire a noites como a viaxeiros que escolleron os hoteis galegos no que vai de ano

23/11/21 | 14:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e o Consorcio de Turismo colaboran para impulsar accións de promoción da Ribeira Sacra

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que se financian iniciativas do Xeodestino como as campañas para consolidar a oferta vencellada á viticultura e á natureza, así como o turismo familiar

23/11/21 | 13:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a promoción da nosa comunidade como destino ideal para as familias coa nova campaña de “Galicia destino familiar”

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou esta mañá na presentación da campaña dixital desta marca turística impulsada polo Clúster Turismo de Galicia

23/11/21 | 11:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Bono Turístico inxectou máis de 230.600 euros nesta fin de semana con máis de 1.300 operacións

A Tarxeta Bono Turístico #QuedamosEnGalicia leva máis de 19.400 compras realizadas para desfrutar de paquetes turísticos ou estancias nos aloxamentos turísticos adheridos