Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Medio ambiente:

16/11/21 | 14:58

Galicia reclama ao Consello de Ministros un compromiso igual ao de Aragón para atallar a contaminación por lindano no Porriño

Sagrario Pérez Castellanos deu a coñecer que o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico vén de conceder unha axuda dun millón de euros para os traballos de control e vixilancia da contaminación de solos pola produción de lindano en Sabiñánigo (Huesca)

16/11/21 | 12:05

A Xunta concede máis de 400.000 euros en axudas a 12 asociacións protectoras e 17 entidades locais para o coidado de animais domésticos abandonados

O Diario Oficial de Galicia publica a Resolución das subvencións para a atención e coidado dos exemplares baixo tutela dunha protectora ou dun concello, así como para a compra de material

15/11/21 | 13:45

A Xunta lanza a terceira edición da campaña escolar de reciclaxe ‘Pilabot’ co reto de superar as 59 toneladas de pilas recuperadas o curso pasado

Os colexios de Primaria e Secundaria que estean interesados en participar poderán inscribirse en liña na páxina da campaña desde hoxe e ata o próximo 10 de decembro

14/11/21 | 11:23

A Xunta apoia a potencialidade dos concellos para impulsar medidas nos seus territorios que referenden a acción climática de Galicia

Ángeles Vázquez salienta que o beneficio das medidas que adoptan as entidades pode multiplicarse, ao atallar e corrixir desde o eido local o quecemento global

14/11/21 | 10:51

A Escola Náutico-Pesqueira de Ribeira avanza na sensibilización ambiental do alumnado cunha xornada sobre lixo mariño impartida pola patronal Cepesca

O taller, desenvolvido a comezos de mes no centro de formación dependente da Consellería do Mar, abordou as consecuencias sociais, ambientais e económicas da presenza de refugallos nos mares e a necesidade de que o conxunto da cidadanía colabore activamente na loita contra este problema

13/11/21 | 11:07

Galicia exporá en Teruel o seu modelo de vivenda como peza clave para a vertebración do rural e a emancipación da mocidade

Ángeles Vázquez afondará nun foro sobre esta liña de actuación da Xunta, a través da que se puxo en marcha o programa de adquisición de vivenda en concellos de menos de 5.000 habitantes dirixido a mozos, que cada ano acada mellores resultados

13/11/21 | 11:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta entrega 200 novos composteiros á Federación de veciños de Lugo para promover a reciclaxe dos residuos orgánicos domésticos

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que a entidade veciñal xa recibira 100 colectores en xullo e solicitou máis para repartir entre os asociados

12/11/21 | 14:10

A Xunta recolle as achegas do sector ovino para reforzar a orde de axudas de prevención ante a fauna silvestre, que o ano que vén duplicará o seu orzamento

Os representantes das explotacións de ovellas e cabras de Galicia propoñen incluír a alimentación dos mastíns que vixían o gando como novo criterio de valoración e piden que o tempo de resolución das axudas se adapte ao tipo de medida preventiva

11/11/21 | 20:29

A Xunta destinará á mellora da depuración en Ons parte dos fondos europeos asignados ao Parque Nacional

Galicia contará cun total de 2,8 M€ de execución directa nas Illas Atlánticas

10/11/21 | 15:57

Galicia defende unha transición enerxética sostible, equilibrada e xusta para avanzar nunha produción de alimentos pesqueiros neutra en carbono

A conselleira do Mar insistiu na importancia de aplicar de xeito global as accións que se establezan na adopción de novas tecnoloxías e combustibles que contribúan a avanzar na redución da pegada de carbono na pesca