Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 539 novas da área temática Industria:

25/06/20 | 16:10 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Galicia impulsa a creación dos cinco primeiros centros de fabricación avanzada que permitirán ás pemes modernizar a súa produción

Estarán situados na Cidade das TIC na Coruña, na Plataforma Loxística Industrial de Salvaterra-As Neves (Plisan), no parque empresarial da Sionlla -en Santiago-, e nos concellos de Narón e Vilagarcía de Arousa

23/06/20 | 21:31 | C. de Economía e Industria

A Xunta reclama ao Goberno que fixe un prezo eléctrico competitivo a curto prazo para evitar os despedimentos en Alcoa San Cibrao

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, que participou esta tarde na mesa industrial de Alcoa San Cibrao, asegura que os contratos bilaterais promovidos polo Goberno non impiden o peche da planta xa que os seus efectos comezarían a notarse a medio e longo prazo

23/06/20 | 13:14 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Feijóo anima a seguir apostando pola transformación en produtos de alto valor engadido como a mellor garantía de futuro para o lácteo galego

Salienta que Galicia conta con outros sectores, ademais do gandeiro, que están a demostrar que vivir do rural é rendible: como o vitivinícola, coa súa capacidade para ser cada día máis internacional; a conserva e o forestal

22/06/20 | 14:09 | A Presidencia da Xunta

Feijóo gaba o compromiso do sector da automoción para converter Galicia nun polo de loxística industrial que permita reducir custos, manter o emprego e atraer novos investimentos

Valora esta iniciativa, que apoiada por múltiples clústeres, conta cun emprazamento estratéxico: a Plisan, que mira cara á Portugal e cara á Meseta, a través de Ourense, e que está preto da Zona Franca de Vigo

19/06/20 | 13:52 | C. de Economía e Industria

A Xunta organiza o primeiro hackathon virtual de Galicia co obxectivo de desenvolver solucións innovadoras dirixidas ao comercio, a industria e o emprego

Do 27 ao 30 de xuño, empresas, centros de coñecemento e persoas innovadoras traballarán en 5 retos cos que adaptar o tecido empresarial á nova realidade

17/06/20 | 18:02 | C. de Economía e Industria

Conde anima aos 180 proxectos galegos participantes nos coworkings da Xunta e a EOI a seguir adiante e contribuír á reactivación económica

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta tarde na V edición do ‘Encontro Espazos Coworking’, celebrado de maneira telemática e organizado conxuntamente polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Escola de Organización Industrial (EOI)

16/06/20 | 17:24 | A Presidencia da Xunta

A Xunta propón destinar parte dos fondos europeos para a industrialización e un préstamo participativo á modernización de Alcoa e garantir a súa produción durante as próximas décadas

Para levar a cabo este obxectivo, apela á vontade do Goberno central e incide na necesidade de que, nos próximos días, se publique no BOE a convocatoria da poxa de interrompebilidade para o segundo semestre

09/06/20 | 14:17 | C. de Economía e Industria

A Xunta achega información on line sobre os novos servizos do programa Igape responde para impulsar a reactivación de pemes e autónomos

Mañá terá lugar o primeiro dos webinarios que darán a coñecer polo miúdo os servizos que achega a convocatoria do ReAcciona para a mellora da competitividade

09/06/20 | 11:39 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que a decisión de Boeing de instalar un laboratorio de simulación de continxencias en voo contribúe a facer do Polo Aeroespacial de Galicia un referente internacional

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta maña no ‘Foro Aero. As últimas tendencias en aviación desde a perspectiva de Boeing’

04/06/20 | 17:09 | C. de Economía e Industria