Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Os Orzamentos da Xunta para 2021 reservan 400.000 euros para licitar as obras da depuradora de Ber, en Pontedeume, e completar a mellora do sistema de saneamento da ría
As contas autonómicas de 2021 tamén recollen investimentos por preto de 6,3 millóns de euros para as demais actuacións de saneamento e depuración en Cabanas e Pontedeume
Ethel Vázquez salienta que os orzamentos da Xunta para 2021 recollen un investimento de case 5,5 millóns de euros na VAP da Costa Norte e nas actuacións viarias complementarias
Destaca o compromiso coa mellora das comunicacións de Ferrolterra e Ortegal a través do impulso da vía de altas prestacións, cunha achega total de 65 M€ para os vindeiros anos e o inicio inmediato das obras da 1ª fase da mellora da AC-862
A Xunta realiza traballos de conservación e limpeza no treito interurbano do río Tambre, no concello de Trazo
As actuacións de mantemento están a desenvolverse no tramo do río ao seu paso pola contorna da praia fluvial e recreativa de Chaián
A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza no treito interurbano do río Santo Tomé ao seu paso polo concello de Meis
Esta actuación de Augas de Galicia lévase a cabo nun tramo de 1,5 km no percorrido deste río polo lugar do Mosteiro
A Xunta trasládalle ao Concello de Outes a disposición a cofinanciar as obras de mellora da depuradora
Augas de Galicia remitiralle ao Concello unha proposta de convenio de colaboración para axilizar a súa tramitación e avanzar no proxecto de saneamento
A Xunta executa traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Mesoiro e do Rego de Moitos no concello da Coruña
As tarefas inclúen a limpeza en distintos tramos destes ríos ao seu paso pola parroquia de Elviña
A Xunta licita o servizo de control de calidade da auga en captacións, emisións ao mar ou encoros na demarcación hidrográfica Galicia-Costa, cun investimento de 1,6 M€
A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe este contrato para os vindeiros dous anos, cun prazo de presentación de ofertas ata o 30 de decembro
A Xunta dota de abastecemento a seis núcleos de poboación de Paradela, logo dun investimento de 355.000 euros
O delegado territorial, Javier Arias, formalizou hoxe a entrega ao concello da nova infraestrutura, que inclúe a rede de distribución e a estación de tratamento da auga
A Oficina Técnica da Seca desactiva o estado de prealerta nas comarcas de Ortegal e da Mariña ao consolidarse os niveis de ocupación dos ríos e dos encoros
Teresa Gutiérrez explica que as precipitacións rexistradas en outubro apuntalaron os niveis dos ríos, confirmando a tendencia positiva dos últimos meses
A Xunta presenta o proxecto para investir 1,6 M€ na ampliación do cauce do río Lagares no polígono do Caramuxo, en Vigo, coa fin de reducir o risco de inundacións e o impacto nas industrias
Vázquez Mourelle indica que a Xunta lle remitiu hoxe ao Concello os 5 proxectos técnicos das obras previstas no río Lagares, entre elas, a do ámbito do Caramuxo