Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 539 novas da área temática Industria:

08/07/20 | 12:23 | C. de Economía e Industria

Galicia calidade incorpora catro novas empresas alimentarias á marca e aumenta o número de produtos certificados

Viña Costeira, a Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia, Freshcut e Pementos Carmucha incorporáronse á marca dependente da Xunta de Galicia

08/07/20 | 11:49 | C. de Economía e Industria

A Xunta informa á industria forestal lucense da orde de axudas aberta para impulsar o uso da madeira en proxectos de construción

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, reuniuse esta mañá con membros da Asociación LugoMadera para trasladarlles as distintas axudas para o sector convocadas pola Xunta

06/07/20 | 12:16 | C. de Economía e Industria

A Xunta reivindica o potencial do sector aeroespacial galego como motor de innovación e emprendemento na 3ª edición da BFAero

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta mañá mediante videoconferencia na posta en marcha da nova convocatoria

04/07/20 | 16:39 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

A Xunta apoia unha intervención temporal de Alcoa mentres non se peche unha tarifa enerxética que faga viable a factoría

Feijóo demanda ao Goberno que empregue unha parte dos 10.000M€ aprobados no pasado Consello de Ministros para inxectar capital a Alcoa

02/07/20 | 15:17 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

A Xunta aproba un plan para a industria electrointensiva que declara o sector como esencial e estratéxico

Feijóo demanda a convocatoria inmediata da poxa de interrompibilidade, incrementar o orzamento das compensacións por emisións de CO2 e a aprobación do Estatuto do consumidor electrointensivo

02/07/20 | 15:10 | A Presidencia da Xunta

A Xunta pon en marcha o fondo de enerxía para autómos e pemes que, con máis de 17 millóns de euros, impulsará a competitividade a través do fomento das renovables e da eficiencia enerxética

Destaca que este fondo permitirá mobilizar máis de 41 M€ e uns aforros económicos que superarán os 9 M€ nas facturas enerxéticas anuais

01/07/20 | 11:10 | C. de Economía e Industria

Conde destaca que a eficiencia enerxética, a transformación dixital e a internacionalización son eixos clave para fortalecer a industria galega

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou hoxe en Santiago de Compostela as instalacións da empresa Papelera de Brandia

30/06/20 | 11:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia as consultas preliminares ao mercado para definir a estratexia do Polo Aeroespacial de Galicia durante os vindeiros cinco anos

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta mañá no II Foro Técnico da Civil UAVs Initiative que reúne ata mañá, de xeito telemático, aos axentes que participan neste proxecto que mobilizará 160M€ entre 2021 e 2025

29/06/20 | 14:29 | C. de Economía e Industria

A Xunta apela a fomentar a dixitalización do tecido empresarial para abrir novas oportunidades de internacionalización

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta mañá no webinario #SeguimosAdiante, onde informou sobre o programa Galicia Exporta Dixital, pensado para o impulso das novas tecnoloxías e da proxección internacional

29/06/20 | 12:09 | C. de Economía e Industria

A Xunta demándalle ao Goberno que concrete as medidas para facilitar a compra de vehículos eficientes de combustión

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou na constitución da Mesa da Automoción, que nace a petición de nove comunidades autónomas ao Ministerio de Industria, Comercio e Turismo